Sthela Táboas 23/01/2023

Tras proclamarse Campioa da Copa Galega 2022 e 3ª por equipos no Campionato Junior Internacional e de España de Raid en 100 km, Yara participará próximamente noutras dúas competicións internacionais: o II Raid Hípico de Brión en febreiro e o Campionato Internacional e de España de Raid en 120 km en Pol (Lugo)

A mosense da parroquia de Dornelas, Yara Iglesias, segue a conseguir triunfos xunto co seu cabalo Apolo. O pasado mes de outubro, concretamente o sábado 15, Yara e Apolo lograron o 6º posto individual e 3º por equipos no Campionato Junior Internacional e de España de Raid, na proba de 100 km. A competición celebrouse na localidade sevillana de Carmona, de onde Yara trouxo para Mos un máis que merecido bronce por equipos e unha 6ª posición inividual.

Ademais, Yara tamén se erixiu Campioa de Galicia da Copa Galega 2022 na proba de 60 km, título polo que foi galardoada na Gala da Federación Galega de Hípica celebrada na Coruña.

Por todo elo, e para desexarlle moita sorte nos vindeiros compromisos deportivos que xa ten programados, esta tarde realizouse no Concello de Mos unha recepción na honra de Yara, na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal.

Yara Iglesias anunciou durante a recepción os seguintes retos aos que se enfrontará, consistentes en outras dúas competicións internacionais. A primeira, o II Raid Hípico de Brión, celebrarase o vindeiro 11 de febreiro, e Yara participará na proba de 100 km, só en categoría individual. Se logra clasificarse en Brión, acudirá no mes de abril a Pol (Lugo), ao Campionato Internacional e de España de Raid en 120 km; onde correrá nas categorías individual e por equipos.

Cómpre destacar que Yara adestra soa, non conta con adestradores nin preparadores deportivos. Cando compezou no mundo da hípica, Yara Iglesias iniciouse na competición en saltos, onde sí contaba con adestrador; pero desde que se pasou ao Raid (en xullo fará dous anos que competiu por primeira vez nesta modalidade) adestra por libre preparando os seus propios adestramentos; o que lle dá, se cabe, aínda máis mérito aos seus logros.

Sobre ela Nidia Arévalo, rexedora local mosense, declaraba hoxe que “estamos orgullosísimos da nosa mosense Yara Iglesias e do seu cabalo Apolo, e encantados de celebrar o 6º posto individual e 3º por equipos coa Selección Galega de Hípica que conseguíu no Campionato Junior Internacional e de España de Raid na proba de 100 km; e o título de Campioa da Copa Galega de Raid 2022 en 60 km”. Así mesmo, Arévalo desexoulle a Yara, de 17 anos, que “continúe a brillar sobre Apolo como o está a facer ata o de agora”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad