Sabela Landín 21/01/2023

Trátase da segunda fase da humanización da Estrada Louriñó-Sobráns

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou hoxe os traballos correspondentes á obra de continuación da humanización de Guizán no tramo Sobráns-Louriñó. Os devanditos traballos, que comezaron a finais do ano pasado e teñen un prazo de execución de 5 meses, avanzan a bo ritmo. Nestes intres estase a realizar a acometida da canalización de pluviais, e a execución de beirarrúas e muros.

A humanización de Sobráns a Louriñó é a continuación do trazado de beirarrúas para mellora da mobilidade peonil na estrada Louriñó-Sobráns. A actuación desenvólvese ao longo de 2 quilómetros, partindo desde o Centro Cultural de Guizán cara ao cruzamento coa Estrada Puxeiros-Mos. O proxecto xera un espazo de tránsito seguro nunha estrada na que existe un elevado número de vivendas.

Trátase dun proxecto de execución dunha nova beirarrúa desde o Centro Cultural de Guizán ata o chamado Cruce do Moreno (parroquia de Torroso), financiada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O presente proxecto ten como obxectivo a execución das obras e actuacións necesarias para xerar novos intinerarios peonís, aplicando criterios de mellora da seguridade vial, mobilidade sostible e posta en valor do patrimonio cultural. 

A actuación  está motivada principalmente pola necesidade de creación dun itinerario peonil seguro nun percorrido con alta presenza de usuarios debido ó seupapel de conexión de equipamentos sociais, culturais e relixiosos.

Neste sentido, a actuación plantéxase como un itinerario seguro e accesible con distintas zonas que distribúen e organizan o seu marcado carácter lonxitudinal.

O criterio principal de deseño é optar pola xeración de espazos de coexistencia, con preferencia peonil naqueles lugares onde as características espaciais da estrada o fagan posible.Buscando mediante a unificación dos pavimentos unha redución de      velocidade por parte dos  vehículos que garanta a seguridade dos viandantes.

A beirarrúa discorre pola marxe esquerda e dereita, adaptándose aos condicionantes presentes no seu trazado, polo que é necesario ampliar a plataforma actual nalgúns tramos, tomando como criterio a conservación de todos os elementos construídos       existentes. A beirarrúa contará con vados de acceso ás parcelas. 

O orzamento base de licitación con IVE desta obra ascende a 657.456,66 euros.

Deste xeito desde o Concello de Mos séguense a dar pasos no Plan Mos Humanizado, que se iniciou na pasada lexislatura.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad