Sabela Landín 16/12/2022

En cinco anos dende a aparición do último foco non se descontaminou nada

Na 5ª Reunión coas partes interesadas no Proxecto LINDANET deste 15 de decembro para presentar as actividades feitas ata a data e o Plan de Acción desenvolvido para Galicia, o equipo técnico da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, recoñeceu abertamente estar desbordado.
• A execución do proxecto de descontaminación para o barrio do Contrasto en Torneiros,dotado inicialmente con 3 millóns de euros e anunciado a comezo deste ano, aínda está sen licitar. Segundo se informou na reunión, hai unha serie de factores técnicos que elevan a cuantía a máis do dobre do importe. No seu día a conselleira e mailo alcalde afirmaron nos medios que os traballos comezarían xa no 2022 pero o certo e que non se dispón de partida
suficiente nestes momentos e aínda habería que solicitar fondos FEDER.
• A consellería tamén suspende en transparencia xa que a páxina web que debería estar dispoñible en setembro deste ano, con toda a información de interese e actualizada sobre o asunto, non está funcionando. Alega o equipo técnico falla de tempo e de persoal. Esta mesma circunstancia motivaría o non poder achegar directamente a documentación dos últimos estudos ás partes interesadas.
• Tampouco entrou en vigor o protocolo de alerta ante posibles novos focos de residuos xa que só existen un borrador. Para a cela de seguridade do Parque do Lindano, que tal e como puxera de manifesto o último estudo ten fugas, non hai previstas actuacións máis alá dun par de controis a determinar ao longo do vindeiro ano.
• Máis de cinco anos despois da última aparición de lindano no barrio do Contrasto non se descontaminou absolutamente nada. A Xunta crea falsas expectativas e non actúa con rigor nin transparencia e polo Concello van pasando distintos gobernos sen ninguén na alcaldía que dea a talla e afronte o tema en serio

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad