Sthela Táboas 19/12/2022

O candidato á Alcaldía do PSdeG-PSOE do Porriño ás eleccións municipais de 2023 celebrou onte a asamblea da agrupación na que se abre unha nova etapa no socialismo porriñés

O PSdeG-PSOE do Porriño apostou pola unidade ao plantexar ao actual secretario xeral e voceiro municipal, David Alonso Bargiela, como candidato á alcaldía do Porriño para as Eleccións Municipais 2023.

David Alonso Bargiela é licenciado en Dereito, exerceu como concelleiro de Asuntos Sociais, Deporte e Promoción Económica e na actualidade é o secretario xeral e voceiro municipal dos socialistas do Porriño, así como secretario comarcal do PSdeG-PSOE.

Alonso, que compareceu este domingo ante a asamblea da Agrupación Socialista xa como candidato proclamado, anunciou a súa vontade de abrir unha nova etapa no proxecto socialista porriñés, cunha aposta pola renovación de equipos e actualización do proxecto socialista. “Os socialistas do Porriño chegaremos cos deberes feitos, cun equipo renovado e cun proxecto á altura do que O Porriño merece” afirmou o novo candidato socialista, que xa traballa na configuración da candidatura socialista.

Alonso viviu un momento emotivo co apoio á súa candidatura dos dous primeiros concelleiros socialistas na primeira corporación democrática en 1979, Raúl Francés Valverde e Carlos Díaz, dos que indicou que o seu obxectivo é que “o PSOE reconecte coa mellor versión da súa historia de compromiso público, democracia e loita polo benestar dos traballadores e do noso pobo”.

O candidato socialista porriñés indicou que “a chegada en extrañas circunstancias de Alejandro Lorenzo á Alcaldía, pode resumirse nunha palabra: decepción. Un alcalde que non só non foi quen de atraer inversións, senón que desatendeou as infraestructuras e presenta una mala xestión económica: paraliza os pagos do Concello, consume todo o aforro neto e foi totalmente incapaz de negociar e aprobar uns orzamentos. Un alcalde ao que só lle preocupa organizar festas, que non traballa nos asuntos importantes. O Porriño merece un goberno que deseñe un proxecto de futuro ilusionante para o noso pobo, que afronte os desafíos do noso Concello e que atenda aos problemas diarios dos porriñeses”.

Comité Electoral

A asamblea socialista servíu tamén para aprobar a posta en marcha do seu Comité Electoral, organismo que servirá para iniciar un proceso de contacto coa sociedade porriñesa, elaborar o seu programa electoral e comezar a planificar a e campaña electoral.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad