Sthela Táboas 15/11/2022
TUI Postal gañadora en 2021

Esta convocatoria está dirixida ao alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses e os tres finalistas recibirán lotes de material educativo valorados en 40 €, 50 € e 100 €

A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca unha nova edición do concurso, dirixido ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio, para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui para este ano 2022.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que “a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal”. Destaca que o traballo gañador deste certame será que o empregue o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente se felicita á veciñanza do concello. O positivo resultado da convocatoria deste certame nos pasados anos 2020 e 2021 animou ao Concello, en palabras de Sonsoles Vicente, a darlle continuidade á convocatoria.

A temática deste concurso de debuxo escolar é “O Nadal en Tui”. O que se pretende é que os nenos e nenas tudenses, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condición que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro escollerá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de novembro e os premios para os tres finalistas son os seguintes:

  • 3º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 40 €
  • 2º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 50 €
  • 1º premio un lote de material educativo e de pintura por valor de 100 € e será a postal do Nadal do Concello de Tui.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad