Sthela Táboas 15/11/2022

Este movemento social tilda de “branqueamento” o bombo dado  a “un feito e tres publicacións do mesmo”

O Comité Antifascista da Louriña, a través dun comunicado, revindica que “as actuacións da Policía Local do Porriño están sendo cuestionadas socialmente, polas formas e maneiras de actuar dalgúns dos seus operativos”.

Deste xeito “para limpar a súa danada imaxe, nada mellor que dividir un suceso en varias novas que ‘purifiquen’ e ensalcen a súa ‘labor’”.

E para mostra:

1ª nova: “A Policía Local asiste a un infartado salvándolle a vida.”

2ª nova: “A persoa atendida pola Policía Local permanece ingresada, mais estábel. Non se teme pola súa vida.”

3ª nova: “A persoa auxiliada pola Policía Local agradece persoalmente que lle salvaran a vida.”

“Este é o nivel indecente e cínico do branqueamento, un feito e tres publicacións do mesmo” sinalan dende o Comité, subliñando que “cando un estamento oficial precisa lavar a imaxe tan asiduamente, somente pode ser atribuído ao contínuo e cuestionable proceder cotidiano”.

Dende o Comité Antifascista da Louriña lembran que “isto acontece co corpo da Policía Local, que precisamente non pasa por bós momentos, e todo polas actuacións de algúns dos seus membros. Elementos reaccionarios que, por ter un anaco de poder, fan abuso das súascompetencias”.

Rematan dende este movemento social insistindo en que “non hai outra razón para este lavado de cara, e para o cal empregan torticeiramente un só suceso en varias novas exaltando o carácter solidario e benefactor do corpo policial cando, na realidade, a súa condición é principalmente represora”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad