Sthela Táboas 29/10/2022

Xa está aberta a inscrición para @s interesad@s e está previsto que comecen no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei en febreiro de 2023

O Concello de Tui, a través da concesión pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, abriu o prazo de inscrición para os dous cursos de formación de “Instalación de Elementos de Carpintería” e de “Venda de Produtos e Servizos Turísticos”. Estas actividades contribuirán á mellora da empregabilidade dunha trintena de persoas polo que dende o Concello de Tui se amosa o agradecemento á Xunta pola concesión da correspondente subvención para o seu desenvolvemento.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na Oficina de Emprego ou no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei, solicitando cita previa no tlf. 670 245 633. No momento da inscrición débese aportar a documentación requirida para cada curso. Terán preferencia as persoas en situación de desemprego. As persoas seleccionadas poderán solicitar bolsas e/ou axudas por asistencia.

O curso de “Instalación de Elementos de Carpintería” contará cun total de 578 h lectivas. Celebrarase entre o 22 de febreiro e o 11 de agosto de 2023 en horario de 15.30 a 20.30 h.  O alumnado debe estar en posesión do título da ESO, certificado de profesionalidade de nivel 2; ou certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 3.

Mentres o curso de “Venda de produtos e servizos turísticos” terá unha carga lectiva de 688 horas a impartir entre o 6 de febreiro e o 31 de agosto de 2023 en horario de 9.00 a 14.00 h.  Para realizalo as persoas interesadas deben estar en posesión do título de bacharelato ou Técnico de FP (grao medio); ou certificado de profesionalidade de nivel 3; ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 2. En ambos casos débese achegar tamén a tarxeta de emprego actualizada.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad