Sthela Táboas 29/10/2022

A mellora máis demandada era a do recoñecemento de trienios xunto a fixación da compensación das horas extraordinarias ou o incremento do prezo da quilometraxe

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade o primeiro convenio colectivo do persoal laboral, que establecerá as condicións en que desenvolve o seu traballo o persoal non funcionario do Concello.

Logo dun longo proceso, na última mesa xeral de negociación conseguíase rematar o documento que contou coa aprobación unánime do equipo de goberno e a representación sindical, e que logo se traduciu nunha nova aprobación unánime por parte da corporación municipal no Pleno ordinario celebrado o pasado xoves.

O convenio recolle importantes melloras para o persoal laboral, que se equipara en diferentes aspectos ao persoal funcionario. Sen dúbida a mellora máis demandada era a do recoñecemento de trienios para este persoal, recoñecemento que non tiña cobertura legal sen a sinatura do convenio que agora se fai realidade, e que xunto coas melloras da RPT supoñen un importante incremento da masa salarial.

O convenio supón ademais  a inclusión de retribucións complementarias, a fixación da compensación económica ou por tempo de descanso das horas extraordinarias, a posibilidade de acceso a anticipos de nóminas por valor de 3.000€  ou o incremento do valor da quilometraxe.

O goberno salcedense estableceu a aprobación da primeira RPT e o primeiro convenio laboral como obxectivos principais no que á área de persoal se refire para esta lexislatura, polo que amosaron a súa satisfacción por ter levado a cabo os dous documentos.

A concelleira de Persoal, Loli Castiñeira, lembrou que foron moitos anos de tira puxas, e agradeceu o talante positivo e con intención de chegar a acordos amosado polas dúas partes nas últimas mesas de negociacións; xa que “era moi difícil intentar chegar a un acordo con pancartas e camisetas diante tódolos días, pois o clima de tensión que se xeraba non favorecía en ningún momento as negociacións. As dúas partes fixemos un importante esforzo por deixar atrás as tensións, e como concelleira de persoal non podo estar máis orgullosa de sacar adiante estes dous documentos fundamentais para o día a día do noso Concello”.

A alcaldesa, Verónica Tourón, quixo agradecer en primeiro lugar á mesa de negociación e á asemblea onde se validou o acordo “o seu esforzo e a súa capacidade de dialogo e negociación. É un orgullo para min ter acadado este logro conxunto, este compromiso adquirido. Máis alá das medallas ou méritos, hai que destacar que cumprimos cun deber que fixo xustiza co persoal laboral do concello de Salceda”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad