Sthela Táboas 29/10/2022

 “Seguimos a ser a Deputación que máis fondos transfire, cun 33,7%. É imposible viaxar pola provincia sen dar coas pegadas do Plan Concellos en cada esquina” subliñou Carlos Font, mentres Mosquera sinalou que dende a Administración provincial “facemos un esforzo ímprobo para financiar aos concellos pequenos”

O Plan Concellos 2023 máis elevado da historia, dotado con 44 millóns para o financiamento regrado dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes, xa é unha realidade. O instrumento de financiación municipal máis investidor na provincia de Pontevedra foi aprobado no Pleno da Deputación cos votos favorables dos grupos do PSdeG-PSOE e o BNG e a abstención do Partido Popular. Un Plan Concellos que crece nun millón de euros sobre o actual e que destina integramente esta suba a reforzar a liquidez dos concellos de menos de 20.000 habitantes para axudarlles a afrontar os retos da crise de inflación global.

O deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, destacou que a Deputación volve responder, como fai ano tras ano, achegando máis recursos e máis mecanismos para afrontar a difícil situación económica internacional, agravada pola “guerra de Putin”, e poñendo en marcha novos mecanismos para asegurar non só a liquidez, senón tamén a creación de emprego, todo elo para continuar garantindo dereitos e servizos na provincia. A este respecto recordou queeste ano introdúcese aínda máis flexibilidade abrindo a posibilidade de desviar ata un 30% dos fondos da liña 1 do Plan Concellos (Investimentos) ata á liña 2 (Pagos a provedores, débeda e gasto corrente). Ademais, a liña 3 (Emprego) reformúlase para adaptala á Reforma Laboral poñendo en marcha así un Programa propio de Políticas Activas de Emprego.

O Plan estrutúrase en 30,5 millóns para Investimentos, 4 millóns para pagos e gasto corrente (absorbe integramente o millón de euros adicional) e outros 9,5 millóns para financiar a nova liña 3 de emprego. Da aposta do Plan Concellos polos municipios de menor poboación dá conta o feito de que os 37 concellos de menos de 10.000 habitantes reciben 19.941.979 € (o 45,32% do total); os 14 concellos de ata 20.000 habitantes, 14.057.498 € (o 31,95%) e, finalmente, os 8 municipios que superan os 20.000 habitantes e non chegan a 50.000 habitantes, reciben 10.000.523 € (un 22,73%). “Polo tanto, o 77,27% dos cartos do Plan Concellos van a municipios pequenos e medianos que, ademais, terán un millón máis que o ano pasado. Reciben 34 millóns sobre os 44 do Plan”, recalcou Carlos Font.

“Un ano máis poñemos esta ferramenta de éxito recoñecido ao dispor dos concellos para continuar coa recuperación social e económica trala pandemia. Reforzamos o noso papel máis municipalista, o papel desta institución como a mellor aliada dos concellos e repetimos o logro de ser a Deputación de toda España que máis transferencias fai aos concellos, cun 33,7% dos recursos totais, segundo os informes do Ministerio de Facenda”.Carlos Font puxo tamén o acento na aprobación temperá do Plan Concellos, que permite ao municipalismo da provincia adiantar a súa planificación para o ano próximo. Afirmou que o Plan Concellos aséntase sobre tres piares: “un plan para todos, un plan de respecto á autonomía local e un plan de  equidade, ao repartirse con criterios obxectivos e transparentes por enriba da cor política das alcaldías”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad