Sthela Táboas 30/10/2022

Con 83 nen@s que quedaron sen vacante das 122 ofertadas pola Administración Autonómica o PP non se pon dacordo entre goberno local e autonómico

O PSdeG-PSOE de Galicia, a iniciativa de Leticia Gallego Sanromán e doutr@s deputad@s socialistas, levou adiante a petición sobre as previsións da Xunta de Galicia, para poñer en marcha unha nova escola infantil na antiga Escola Unitaria da parroquia porriñesa de Atios.

A Xunta razoa  que “o Concello do Porriño conta con dúas escolas da rede pública autonómica ‘Galiña Azul’ que dependen do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e que suman un total de 122 prazas de 0 a 3 anos”.

Determinan que “na actualidade hai no concello do Porriño un total de 332 prazas gratuítas en escolas infantís, o que supón unha taxa de cobertura superior ao 62% respecto do total da poboación total de 0 a 3 anos do municipio. Esta taxa é case o dobre da recomendación que fai a Unión Europea (UE) para este ciclo educativo, que é do 33%.

A este respecto, o secretario xeral do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso Bargiela, exixe que “o PP debe dar explicacións da súa dobre postura, xa que votou a favor no Pleno para dar boa imaxe ante os veciños e por outra banda, cando os socialistas levan ao Parlamento a proposta esgrimen outra escusa deferente á exposta pola súa concelleira no Pleno. Que se poñan ao menos dacordo  dentro do mesmo partido nas respostas ofrecidas”.

O portavoz socialista explica que “actualmente, no Porriño existen 122 prazas públicas de Educación Infantil, quedando sen opción 83 nen@s. Esta é a verdadeira necesidade no Porriño e non a dunha ludoteca de 2 meses de duración; inventan una chapuza xa que por un lado teñen en conta as ordes da Unión Europea en canto a medias, e por outro conceden subvencións para conciliación laboral para tapar as súas vergoñas”.

As contas das axudas para a Educación infantil

O Ministerio de Educación e Formación Profesional puso Fondos Europeos á disposición da Comunidade Autónoma de Galicia -a través da compoñente 21 do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia- destinados á creación de novas prazas de titularidade pública no primeiro ciclo de educación infantil.

Galicia recibe case 35 millóns de euros do Goberno de España entre 2021 e 2023 para crear un total de 3.417 novas prazas de escola infantil públicas e gratuitas, a razón de 1.139 prazas por ano. As deste ano xa deberían estar visibles. Onde están? En que empregou a Xunta os cartos?

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad