Sthela Táboas 05/10/2022

A administración local dispuso 21.000 € en axudas municipais e xa se efectuou un primeiro pago do 80% ás beneficiarias

O Concello do Porriño formalizou as axudas municipais que, coma todos os anos, ben dirixindo a asociacións e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven accións no eido da educación, dispoñendo para tal fin un total de 21.000 € para axudas ás ANPAS do municipio, ás que xa realizou o primeiro pago do 80% ás asociacións beneficiarias.

As ANPAS que solicitaron e xustificaron as axudas son:

– ANPA do CEIP Plurilingüe de Atios, que o fixo para o Aula Madruga.

– ANPA CEIP Cruz Budiño, para actividades extraescolares e saídas culturais.

– ANPA Oliveira do CEIP Xosé Fernández López, para saídas culturais.

Cabe destacar que estas achegas directas suspendéranse os dous últimos cursos ao non realizarse actividades extraescolares por mor da COVID, reinvestindo as mesmas na desinfección dos centros educativos ao non ter sentido a finalidade dun convenio coas ANPAS no confinamento. Unha vez levantadas as restricións e retomadas as actividades, tras ser debidamente xustificadas por as asociacións, voltan ser beneficiarias directas ao consideralas vitais para o correcto funcionamento da comunidade educativa.

A concelleira de Educación, Carolina González, destaca o traballo das ANPAS no eido educativo, na organización de actividades e na conciliación familiar.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad