Sthela Táboas 05/10/2022

O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres día 7 ás 21:30 h o espectáculo ‘Morte accidental dun anarquista’

A extensa programación de outono do Teatro Municipal de Tui, que se prolongará durante este mes de outubro e o de novembro, comeza este venres ás 21.30 h con Talía Teatro, que representará ‘Morte accidental dun anarquista’. Esta comedia de Diario Fo está dirixida por Cándido Pazó e conta uns sucesos reais, ocorridos nos Estados Unidos en 1921, e que se inspiran na morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán.

Talía Teatro leva a escena esta disparatada pero reflexiva comedia, un sainete político que segue de actualidade cincuenta anos despois de ser escrito. O elenco está conformado polos actores, Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e a actriz  Marta Ríos, que darán vida aos personaxes desta obra que pon o foco na inestabilidade social dos anos 70.

A obra, que conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), está recomendada a partir de 12 anos. Ten unha duración de 100 minutos, nos que o humor disparatado é o protagonista.

As entradas están dispoñibles en www.tui.gal aos prezos de 8 € e 6 €, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo do carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.

Haberá, até o próximo 25 de novembro, sete espectáculos máis que chegarán da man de compañías como Píscore,  Butaca Zero, Tanxarina Títeres, Da.Te. Danza, Os Naúfragos e Contraproducións. Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar nas redes do concello e tamén na webtui.gal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad