Sabela Landín 30/09/2022

O III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal arrancou hoxe cunha intensa axenda de traballo. O financiamento público e as relacións entre axentes culturais e representantes políticos centraron as palestras desta primeira xornada na que as institucións dos dous territorios comprometéronse a traballar para consolidar un mercado con un gran potencial de intercambios económicos, sociais e culturais.

As tres xornadas do MUMI 2022 Encontro Profesional das Músicas no Minho arrancaron hoxe xoves 29 coa benvida aos profesionais inscritos por parte da organización e das entidades que apoian o MUMI, representadas por Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença; Ana Laura Iglesias, Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra; Jacobo Sutil, director da Axencia das Industrias culturais (AGADIC); Uxío Benítez, director da AECT Rio Minho; Ánxela Vila e José Costa, organización do MUMI. Todos alabaron o traballo da organización e afianzaron a súa apota e compromiso para apoiar a continudade deste espazo que abre novas oportunidades para as industrias musicais de ambos territorios.

A área profesional do MUMI, PRO-AGADIC, localizada no Teatro de Tui, acolleu ademais na primeira xornada un faladoiro sobre Financiamento Público para proxectos culturais no que se apuntaron as novas convocatorias musicais do programa Europa Creativa ás que poden concorrer tanto as empresas como os prefesionais a partir de outubro; e outro sobre As relacións entre axentes culturais e representantes políticos, que serviu para tender pontes entre artistas e institucións e achegar perspectivas para mellorar as dinámicas de traballo. En canto ao programa de showcases, Momboi, Manuel Maio, Raia, 47 de Fevereiro, Brais Morán & Nasaufunk e Meta congregaron a programadores e axentes; mentres Kumpania Algazarra animou as rúas de Tui e Valença coa súa fanfarria balcánica.

Así será a segunda xornada do MUMI
Mañá venres 30 están previstas dúas sesión de speedmeetings e tres faladoiros: O Estatuto profissional da cultura (11:00 GZ, 10:00 PT), comparando a situación actual en Galiza e Portugal, diferencias que tamén serán analizadas na palestra Riscos Laborais nos eventos musicais (12:45 GZ, 11:45 PT), e para pechar a xornada o Papel dos medios de comunicación nas promocións artísticas (15:30 GZ, 14:30 PT), sobre os retos de futuro á hora de promocionar proxectos artísticos nunha era dixital. En canto aos showcases, mañá será a quenda de Caamaño & Ameixeiras, Xan Campos Trío, Crua, Caldo, Birds Are Indie, Néboa, Dapunksportif Mounqup, mentres as Brassica Rapa serán as encargadas do programa de animación de rúa.

O MUMI está patrocinado pola Eurocidade Tui-Valença, a Direção Regional de Cultura do Norte, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a AECT Rio Minho, a Fundação GDA e Bodegas Martín Códax.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad