Sabela Landín 30/09/2022

Aborda a importancia dos recursos hídricos e a súa dimensión medioambiental.

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle dende hoxe, 29 de setembro, e durante unha semana unha pequena exposición itinerante promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizada ao abeiro do denominado Proxecto Albufeira sobre a xestión e a conservación dos recursos hídricos do noso entorno e as especies e hábitats asociados a estas masas de auga.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, xunto coa Axencia Portuguesa do Ambiente, atópase desenvolvendo o PROXECTO ALBUFEIRA (asociado ao Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020), que ten por obxectivo mellorar a coordinación das accións para promover e protexer o bo estado das masas de auga compartidas entre España e Portugal para a súa protección e aproveitamento sustentable.

Este proxecto abarca diferentes aspectos de carácter técnico, social, ambiental e económico. Unha das súas liñas de actuación é a sensibilización dos axentes sociais e da poboación de zonas transfronteirizas sobre a cooperación en concas hidrográficas compartidas, perseguindo o fomento da biodiversidade e preservación dos ecosistemas asociados a estas masas de auga, así como o seu uso sustentable.

Unha das actividades destacadas nesta liña de actuación é a exposición itinerante, que estes días está en Tui, enfocada a informar acerca dos obxectivos do Proxecto Albufeira á poboación dos municipios próximos á fronteira, considerada parte importante na xestión e conservación dos recursos naturais.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece a elección  do Concello de Tui por parte do Ministerio para promover esta actividade de sensibilización de carácter medioambiental como son os recursos hídricos e a necesidade da súa conservación.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad