Sabela Landín 26/01/2022
Faure

O cantante de Pereiras está respaldado por outras dúas mozas mosenses neste traballo, Antía Caride cos estilismos e Carlota Cebreiro que coprotagoniza con el o videoclip.

Iker Faure achegouse esta mañá ata o Concello de Mos para realizar xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, a presentación do seu primeiro single e videoclip titulado “El Camino”.

O single lanzouse a semana pasada e hoxe mesmo lánzase o videoclip da canción que foi gravado, na súa maioría, en localizacións do propio municipio de Mos: Camiño de Santiago, Pazo de Mos, Auditorio do Centro Dotacional de Torroso, etc.

O mosense da parroquia de Pereiras (Campo de Eiró), Iker Faure, iniciouse no mundo da música sendo só un neno, na Escola de Música e Danza MaiSon e participando nun talent show televisivo de audiencia nacional.

O videoclip da canción “El Camino”, composta polo propio Iker, está protagonizado por el mesmo e por outra moza mosense, da parroquia de Dornelas, Carlota Cebreiro, e conta con deseño de vestiario e estilismos para o videoclip de Antía Caride, membro do grupo musical de Girl’s Gang, veciña e natural tamén de Pereiras como Iker. O traballo audiovisual conta con Raúl Ben como productor e Protel Vídeo na realización do vídeo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad