Sthela Táboas 26/01/2022

Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria tenden a man para atopar solucións durante unha reunión celebrada esta mañá en AEMOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá nas dependencias de AEMOS en Puxeiros coa directiva da Asociación e representantes das empresas do Polígono de Monte Faquiña afectadas pola suba desproporcionada do canon por parte da Comunidade de Montes de Tameiga.O obxectivodestaxuntanza é a busca dunha solución a esta importante parte do empresariado mosense, que se atopaxa buscando solo industrial en Valença para trasladar as súas compañías, de non atopar solución ámencionada situación coa Comunidade de Montes de Tameiga. Para eloestiverontamén presentes na reunión o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, Heriberto García Porto, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, para presentarlles a Plisan ou Porto Seco do devandito municipio como alternativa, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

Neste sentido Arévalo, rexedora local mosense, manifestou o seu “agradecemento á Xunta, á Plisan de Salvaterra é ao Porto de Vigo pola man tendida e o interese demostrado para tratar de buscar unha solución e ofrecer unha alternativa ás empresas mosenses de Monte Faquiña, estudando tanto una vía de regularización do canon como buscando una localización dentro da provincia que non implique unha fuga de empresas ao país veciño”.

“Sen embargo, desde o Concello de Mos”, puntualizou a alcaldesa, “o noso máximo interese e a nosa aposta clara é por defender o patrimonio desta parte do empresariado mosense, que permanezan onde se atopan asentadas, xa que as empresas afectadas levan investido máis de 20 millóns de euros en 10 anos”.

Nidia Arévalo puxo tamén enriba da mesa a posibilidade dun traslado ao novo polígono de Arrufana, no que o setembro pasado a Xunta anunciaba que habilitará preto de medio millón de m2 de solo industrial. Este novo desenvolvemento é un dos previstos na modificación do Plan Sectorialde Ordenaciónde Áreas Empresariais de Galicia.

Sen Embargo Arévalo insiste en que “a prioridade do Concello de Mos é que as empresas de Monte Faquiña queden onde están e conserven o patrimonio industrial no que levan investido tantos millóns de euros”.

Rematou a alcaldesa declarando que “a firme vontade municipal é a de apostar polo Plan A de que as empresas queden en Monte Faquiña e de buscar e atopar solucións para elo. O Plan B sería Arrufana xa que por suposto queremos que as empresas permanezan en Mos”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad