Sabela Landín 26/01/2022
consul

Carmela Silva declarou “Temos que poñer en valor os nosos vínculos afectivos, sociais, culturais e económicos; hai unha intensa relación entre as nosas comunidades” “Empezaremos a traballar xa nun plan de actividades para todo este ano”, afirmou o cónsul, Horacio Martín, quen asinou no Libro de Honra na sede de Vigo

A Deputación de Pontevedra e o Consulado Xeral da Arxentina en Vigo porán en marcha proxectos comúns na provincia e tamén ao outro lado do Océano Atlántico para reforzar os estreitos lazos históricos que unen as comunidades galega e arxentina. A presidenta Carmela Silva e o cónsul Horacio Martín Doval reuníronse esta mañá na sede da institución en Vigo para sentar as bases da colaboración e comezar a traballar de inmediato nunha programación de actividades. “Temos que poñer en valor os nosos vínculos afectivos, sociais, culturais e económicos; hai unha intensa relación entre as nosas comunidades que non podemos perder”, subliñou Carmela Silva, quen adiantou a súa intención de organizar unha acción cultural na capital arxentina a finais de 2022 ou nos primeiros meses de 2023.  O cónsul, que asinou no Libro de Honra da Deputación, cualificou a proposta de “excelente” e coincidiu na importancia de manter os lazos históricos. Así, anticipou que o Consulado que representa “empezará a traballar nun plan de actividades para todo este ano” en coordinación coa Deputación.

Ambas institucións colaboraron recentemente en “Cinema Mulleres”, un ciclo con proxeccións e coloquios celebrado en decembro no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) para dar visibilidade, reflexionar e debater con perspectiva de xénero no cinema nos contextos de Galicia e Arxentina. “Foi unha iniciativa que nos permitiu establecer redes, e é importante que a sociedade civil participe dos proxectos das administracións públicas. Queremos seguir facendo accións fermosas que nos fagan sentir orgullo da nosa historia en común, tanto aquí como na Arxentina”, explicou a presidenta. Ademais manifestou a súa intención de organizar tamén actividades en Pontevedra a fin de ter maior eco en toda a provincia. “Queremos estender esta visión compartida e facer programación nas dúas cidades”, indicou.

Martín Doval -quen explicou á presidenta que ten ascendencia galega- amosou a súa sintonía e expresou “o apoio total do Consulado con estas iniciativas e o desexo de reunir os equipos para traballar nestas ideas e implementalas”. Igualmente manifestou a súa satisfacción por achegar á comunidade arxentina en Pontevedra e aos concellos da contorna as accións comúns. A presidenta obsequiou o cónsul cunha serie de láminas ilustradas dos xacementos galaico-romanos da provincia e cunha das esculturas en homenaxe á camelia das Rías Baixas creadas por Ana Tenorio, premio Artesanía de Galicia. Martín Doval, pola súa banda, entregoulle unha coidada edición do traballo discográfico de Juan Carlos Cambas “A viaxe. Desde Arxentina ata Galicia”. Carmela Silva destacou a “importancia dos símbolos, que expresan tamén os lazos e os afectos

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad