Sthela Táboas 29/12/2021

Con 418 casos activos no municipio a data de hoxe, según datos do Sergas, todo apunta a que siga subindo

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, convocou hoxe unha reunión da Comisión Municipal de Seguimento do Covid para avaliar a situación sanitaria no Porriño, á vista dos datos epidemiolóxicos desta sexta onda da pandemia.

A día de hoxe, O Porriño presenta 418 casos activos e una taxa de incidencia de 1.925 por 100.000 habitantes, segundo a última actualización de datos do Sergas.

A reunión da Comisión de Seguimento terá lugar mañá, xoves 30 ás 18.00 h, presencialmente e no salón de plenos, onde se poden garantir as distancias de seguridade.

Por parte do goberno municipal, ademais do alcalde, asistirán tres concelleiros do goberno municipal: Abel Estévez, responsable de Seguridade; Carolina González, concelleira da área de Sanidade e Antía Carrera, delegada de Atención ao Cidadán. Todos os grupos políticos da corporación forman parte e están representados na Comisión Municipal de Covid. Tamén se convocan representacións da asociación de hostaleiros (AHOSPOR), comerciantes (ACIPOR) e vendedores da Praza de Abastos. Así mesmo, convidouse tamén a participar a unha representación do persoal sanitario do Centro de Saúde do Porriño.

A intención do goberno municipal, segundo explicou o alcalde, é que “sendo os concellos as institucións máis cercanas á cidadanía, temos a obriga de facer fronte ás necesidades máis inmediatas e, no marco das nosas competencias, garantir a seguridade do día a día da vila”, manifestou Alejandro Lorenzo. “Por iso analizaremos polo miúdo cada unha das actividades que se desenvolvan nos vindeiros días, co fin de minimizar o impacto da pandemia na actividade do concello”, engadiu o rexidor municipal.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad