Sthela Táboas 29/12/2021

O evento deportivo xa contaba con máis de 350 inscritos pero, cos datos da actual incidencia tanto a nivel local como autonómico, optouse por cancelar

A 1ª San Silvestre Popular de Tui que se ía celebrar este venres, 31 de decembro pola mañá, vén de ser suspendida ante a actual incidencia da Covid tanto a nivel de Galicia, da Área Sanitaria de Vigo ou coma do propio municipio de Tui.

O Concello de Tui vén de acordar a suspensión desta proba non competitiva xa que suporía a reunión de máis de 350 persoas, que estaban xa inscritas, e tendo en conta a actual situación epidemiolóxica e o carácter non só deportivo senón tamén lúdico da proba, consideran que é a decisión máis acertada.

Esta 1ª San Silvestre estaba a ter unha gran aceptación coma demostra as máis de 350 persoas inscritas, que xa foron comunicadas da suspensión deste evento deportivo. 

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, agradece a acollida que esta carreira espertou, así do mesmo xeito que traslada o seu agradecemento ao Club Atletismo Tui, asociacións e empresas a colaboración prestada para a organización deste evento. Agarda que o próximo ano poida celebrarse en Tui unha San Silvestre. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que “dada a situación que nos atopamos e tendo en conta que tiñamos un alto número de inscritos, e aínda que é certo que a nivel oficial non se restrinxe a actividade deportiva, non é menos certo que a proba non so tiña un carácter deportivo senón tamén sobre todo, e tratándose do día 31, a finalidade é que tivese un compoñente lúdico, e con ese compoñente lúdico non se pode desenvolver, e sen ese carácter festivo, perde significación e o máis sensato é a súa suspensión”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad