Mónica Romero 23/12/2021

As corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Sociocomunitario ofrecen hoxe o concerto de Nadal no Teatro Municipal. As entradas gratuítas están dispoñibles en www.tui.gal

As tres corais tudenses ofrecerán hoxe xoves ,23 de decembro, ás 21.30 h o Concerto de Nadal no Teatro Municipal de Tui. As protagonistas deste evento musical serán a Coral San Telmo, a Coral Ponte das Febres e a Coral do Centrosociocomunitario, que interpretarán cada unha delas cinco temas. Este evento forma parte da programación “Tui, o Camiño do Nadal”.

O evento contará con protocolo anticovid e para acceder ao patio de butacas será preciso certificado covid de contar coa pauta completa de vacinación, proba diagnóstica negativa, ou de ter superado a enfermidade segundo a nova normativa que entrou en vigor o pasado sábado.

A Coral San Telmo baixo a dirección Celso Diego Martínez será a encargada de abrir o concerto. Comenzarán interpretando “Piensa la mula” de Carmen Martorel, continuando co tema popular venezolano “Mi burrito sabanero”, “Cativiño” de José Luis Reza, “Nadal en Luintra” con arranxos de Celso Diego, e rematarán con “Catro galegos a Belén” José Luis Reza.

Baixo a dirección de Rafael Pérez Dopeso a Coral Ponte das Febres abrirá a súa actuación con “Corre lixeira” de Angel Viro, para interpretar de seguido “Ave María” de Giulio Caccini, o tema popular andaluz “Olé Olé”, “O neno dormía” de Antonio Paz Valverde e pechando co tema popular de Venezuela “Mi burrito sabanero”.

Por último a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, dirixida por David González Sobrino, interpretará en primeiro lugar “La Despedida – Habanera” de José Pagan, para continuar con “Seguindo unha estrela” de Javier Domínguez, xunto aos temas popular “Noche de Paz” e “Despacito no hagáis ruido”. Rematarán coa panxoliña tradicional “O pelo roxiño”.

A entradas para este Concerto de Nadal pódense reservar gratuitamente en www.tui.gal até 10 minutos antes do comezo do concerto.

Programa do concerto

1º Coral San Telmo

  • Piensa la mula Carmen Martorel
  • Mi burrito sabanero Popular Venezuela
  • Cativiño José Luis Reza
  • Nadal en Luintra Arreglos: Celso Diego
  • Catro galegos a Belén José Luis Reza

2º Coral Ponte das Febres

  • Corre lixeira Angel Viro
  • Ave María Giulio Caccini
  • Olé Olé Popular Andalucía
  • O neno dormía Antonio Paz Valverde
  • MI burrito sabanero Popular Venezuela

3º Coral Centro Sociocomunitario

  • La Despedida – Habanera José Pagan
  • Seguindo unha estrela Javier Domínguez
  • Noche de Paz Popular alemá
  • Despacito no hagáis ruido Popular andaluza
  • O pelo roxiño Panxoliña tradicional

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad