Mónica Romero 23/12/2021

Sostibilidade e materiais reciclados nas espectaculares propostas dos servizos da Deputación no II Concurso de De decoradción de Nadal

Traballadores e traballadoras dos servizos da Deputación de Pontevedra participan por segundo ano, e tralo parón do 2020 debido á pandemia, no concurso de decoración de Nadal organizado pola institución baixo o lema “Espírito do Nadal”, e cuxas propostas coñeceu hoxe Carmela Silva, que visitou os departamentos. En todas as candidaturas aos premios, as e os traballadores teñen empregado materiais reciclados, dentro da aposta da institución pola sostibilidade e o medio ambiente. Tras ver as iniciativas desenvolvidas polo persoal nos distintos centros de Príncipe Felipe, o Pazo Provincial e o Edificio Administrativo, a presidenta provincial amouse “moi orgullosa” da gran acollida e participación agradeceu a “inmensa” implicación no concurso, cuxos premios daranse a coñecer hoxe xoves 23 no transcurso do tradicional acto previo á Noiteboa no que todos os anos se homenaxea ao persoal que se xubila.

A visita comezou en Príncipe Felipe, onde Carmela Silva puido coñecer xunto ao persoal e nenos e nenas residentes a decoración no Centro Infantil, a Escola Fogar, o Centro Agarimo e a cafetería, con propostas orixinais nas que participaron as crianzas destes centros, entre as que hai que citar unha aldeíña de Nadal, unha árbore elaborada a base de xornais ou a espectacular cheminea na que nestas datas aparecerán de seguro moitos agasallos. A película “Charlie e a fábrica de chocolate” serviu de inspiración para varias destas propostas.

No Edificio Administrativo, a presidenta detívose especialmente nos servizos de Igualdade e Cooperación, así como os de Novas Tecnoloxías, Gabinete Lingüístico e Telefonía. Neste inmoble puido ver desde o ambiente discotequero co emprego de numerosos elementos tecnolóxicos, ata unha árbore creada cos escudos dos 61 concellos da provincia, outra a base de libros, e unha terceira cos abanos vermellos deseñados para o certame Mulleres no Foco, co lema #Haimulleres. Xa no Pazo Provincial, Carmela Silva visitou ás áreas de Intervención, Protocolo, Medio Ambiente, Deportes, Cultura e Comunicación Institucional. Nesta sede destacan entre outras propostas un trono de desexos, unha zorra elaborada a base de cartón, un plató de cinema e, sobre todo, a animación amosada polos e polas traballadoras, que incluso se atreveron con coreografías de Nadal.

No certame tamén participou de xeito activo o persoal da Finca Mouriscade, a Estación Fitopatolóixica Areeiro, das oficinas do ORAL, do Parque de Maquinaria e da sede de Turismo Rias Baixas , ata onde se achegaron tamén hoxe deputadas e deputados provinciais que subliñaron as súas orixinais iniciativas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad