Sthela Táboas 15/12/2021

‘Enxeito’, ‘Fanfarria Takicardia’, ‘Turres Band’ e ‘Brigada Sound’ forman parte desta festa que terá lugar o sábado 18 en dúas sesións, a do vermú ás 13.00 h e de balde, e ás 19.00 h con entrada anticipada 8 € e en taquilla a 10 €

A Sala Rebullón acolle este fin de semana a primeira Festa Volcánica, acompañados por bandas locais como a ‘Fanfarria Takicardia’ e a ‘Turres Band’, así como tamén do colectivo Brigada Sound,  que amenizará os tempos mortos ao principio do evento e entre bandas coas sua sesións especiais para esta festa; pero non sin antes poder escoitar de balde ao grupo ‘Enxeito’, nunha sesión vermú ás 13.00 h.

A música de “Enxeito” encádrase no xénero funk, engadindo dende un primeiro momento as letras e os flows do rap e mesturandoo con melodías do soul e pequenas influencias do rock ou do blues buscando un son orixinal.

O grupo de Bueu -nominado aos Premios Martín Codax de Música 21 e finalista no EDP Live 2020- volve a Vigo, cun concerto no que o seu disco Superfunk soará por primeira vez na sala Rebullón.

A partir das 19.00 h, chegan ‘Fanfarria Takicardia’, ‘Turres Band’ e ‘Brigada Sound’ para facer estourar a lava nesta festa volcánica. As entradas poden mercarse anticipadamente a un prezo de 8 €, ou o mesmo día en taquilla, por 10 €.

De Fanfarria Taquikardia din que, seica contan os vellos, comezou a súa andaina polo mundo da música contra o ano 2010, mes arriba mes abaixo. En pouco tempo dende a súa creación, a Fanfarria Taquikardia converteríase unha formación asidua aos diferentes festivais que percorren a xeografía galega, ademais de facer diversas actuacións en Asturias, Burgos, Barcelona, Madrid, Castellón ou no Bierzo.

Na música da Fanfarria, podémonos atopar tanto versións de cancións tradicionais coma temas de autoría propia. A incorporación do músico romanés Leonard Roman deulles ós rapaces da Fanfarria un bo pulo, e aumentou moito a oferta de músicas coas que este grupo se entrega ó público en cada actuación. As diferentes influenzas coas que vive a Fanfarria Taquikardia visten a súa música cun estilo propio e único, no que se suceden continuos cambios de tempo, xogos co timbre das melodías e unha percusión con ritmos innovadores para todo aquel que nos escoita por primeira vez.

Por unha banda no formato de pasarúas e pola outra enriba dun escenario, o dinamismo e a proximidade cos oíntes é e será sempre o obxectivo principal dos músicos da Fanfarria Taquikardia. Diferentes situacións mostran diferentes facetas da súa música.

Os compoñentes da banda mosense The Turre’s Band, no ano 2001 foron expulsados da Banda Xuvenil de Torroso “por non saber comer os pinchos con educación. Dende entón seguimos sen ter educación pero, de vez en cando, soa algunha melodía que nos fai mover os pes ao son dos ventos e da percusión”. A día de hoxe “o grupo está composto por 14 delincuentes da contorna de Mos que ademáis de tocar en salas e festivais tamén enchemos os pés de terra facendo pasarrúas turresbanianos”. Por moito que che contemos, o mellor que podes facer é vivir o que é The Turre’s Band.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad