Sthela Táboas 14/12/2021

Enfócanse na adhesión do Porriño ás Cidades Amigas da Infancia, ao que agora ademáis tamén se lle ten recoñecido o de Cidade Amiga das Persoas Maiores

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, participou hoxe na primeira quenda das “IV Xornadas Formativas Cidades Amigas da Infancia” que organiza UNICEF baixo o título “Estratexias para a promoción da participación infantil e adolescente desde o ámbito local”. Estas xornadas se prolongarán ata mañá mércores, e celébranse de xeito telemático.

Ademais da concelleira de Educación, a responsable da OMIX do Porriño, Noelia de la Fuente e a nena, Kiara Vázquez Lescano, integrante do Consello local da Infancia e Mocidade, representan a Porriño e participan nas reunións telemáticas.

O papel da nena Kiara Vázquez, representante da infancia porriñesa, será a de ofrecer a visión da xente nova sobre a necesidade da creación dun consello a nivel autonómico.

Este encontro organizado por Unicef para O Porriño e demais Cidades Amigas da Infancia de Galicia, está encamiñado a formar e orientar a todas as persoas que queiran promover a participación infantil e adolescente nas súas localidades. Os obxectivos principais son capacitar aos municipios de Galicia en políticas de Infancia, ofrecendo ferramentas que axuden a mellorar as súas políticas dirixidas a fomentar a participación infantil e adolescente no ámbito local.

Por outra banda, o Concello de Porriño ven de recibir o título de Cidade Amiga das Persoas Maiores.

A Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigas dos Maiores foi promovida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en 2010, en resposta ao rápido envellecemento da poboación e co obxectivo de conectar cidades, comunidades e organizacións de todo o mundo coa visión común de facer do seu entorno, un lugar mellor para envellecer con dignidade e calidade.

Trátase dunha iniciativa centrada na acción local, que aborda de forma integral os aspectos que inciden no día a día das vilas e cidades e faino promovendo a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, opinións e propostas no proceso de análise e mellora da localidade en diversos ámbitos, co fin último de promover un envellecemento saudable e activo.

O Imserso, a través dun Convenio de Colaboración coa OMS, é o órgano encargado de coordinar e dinamizar a Rede en España.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad