Mónica Romero 11/12/2021

Achegáronse a este punto de información turística 1.006 turistas e 88 peregrinos ao longo da primeira semana de decembro

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten rexistrado nesta primeira semana de decembro un alto número de persoas atendidas; en concreto, un total 1.094 visitantes. Do total de persoas que pasaron por este punto de información turística a gran maioría, 1.006 persoas eran turistas, e 88 peregrinos.

O desglose destes datos permite comprobar a procedencia deste millar e pouco de turistas que corresponden coas seguintes zonas: Madrid (232), Toledo (84), Valladolid (76), Pontevedra (74), Asturias (68), Salamanca (62), Burgos (52), A Coruña (45) e Vizcaya (32) seguidos por turistas procedentes de Valencia, Tenerife, As Palmas, Cantabria, Ourense, Xaén…Os de procedencia estranxeira eran basicamente portugueses (14) e italianos (4).

No caso dos peregrinos, a procedencia internacional é moi maioritaria nestas datas, ben sexa de Portugal (20) ou doutros países, como o caso de peregrinos de Alemaña (13), Francia (6), Brasil (3) xunto con Bélxica, Reino Unido ou de lugares afastados como Corea ou Australia que teñen visitado a nosa cidade na súa peregrinación a Compostela.

O Concello de Tui expresa a súa satisfacción por estes datos pois a pesar das inclemencias meteorolóxicas rexistradas nestes pasados días os datos antes referidos testemuñan como a nosa cidade tivo un alto número de visitantes nestas datas, o que ten contribuído positivamente ao dinamismo do sector turístico do noso municipio. Complementan estas cifras os numerosos tudenses e visitantes que se teñen achegado a visitar o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira que continuará aberto ata este domingo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad