Mónica Romero 09/12/2021

A mostra, que recolle fondos do Balneario de Caldelas, foi visita xa por máis de 500 persoas e amplíase até o 8 de xaneiro

A exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro. A mostra recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.

Dende a súa apertura a mediados de outubro a exposición foi xa visitada por máis de 500 persoas interesadas en coñecer esta ampla escolma de imaxes, integradas por 77 fotografías que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas  e do seu Balneario así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas, Entenza ou Lapela nos últimos anos do século XIX.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, estamos diante dunha exposición de excepcional interese e que comprobando a boa acollida de visitantes decidiuse ampliar ata o remate das festas de Nadal para facilitar que un maior número de tudenses e interesados poidan coñecer esta mostra fotográfica. A concelleira quere expresar o agradecemento do Concello de Tui aos propietarios do Balneario de Caldelas pola súa iniciativa e polas facilidades concedidas para a realización desta exposición.

 A exposición, segundo a xerente do Balneario de Caldelas – Ana Rodriguez- recolle esta selección de fotografías realizadas entre os anos 1886 e 1935. A autoría se reparte entre Antonio Oliver Rubio (1843-1900) fundador do complexo termal de Caldelas e os seus fillos Antonio e Manuel Oliver Echazarreta, antecesor este último da actual propietaria do Balneario, Mª Cruz Ruíz.

 Trátase pois dunha mostra da ampla colección que conservan, con coidado e cariño, os propietarios do Balneario de Caldelas e que agora comparten coa veciñanza tudense e todos os interesados no campo da imaxe gráfica. As fotografías, moitas delas inéditas ata agora, ofrecen aspectos de gran interese sobre o noso territorio, as costumes xa perdidas especialmente en relación ao río Miño… en definitiva, como reflicte o título da mostra, “a nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad