Sthela Táboas 25/10/2021

A rexidora porriñesa acordou con ADIF esta lonxitude que supera á inicial do proxecto de 200 m

A alcaldesa do porriño, Eva García, e os técnicos de ADIF especificaron hoxe nunha reunión telemática “que o tramo de lousa que cubrirá o ferrocarril para eliminar o paso a nivel actual teña unha lonxitude de 320 m”.

García acadou que prosperase a petición municipal e que ADIF amplíe a lousa por outros 120 m -60 por cada lado-, con respecto á proposta inicial que aparecía no proxecto de obra, que era de 200 m.

“Significa que co soterramento do tren imos gañar un espazo público moi importante, que incluso nos permitirá abrir unha nova rúa e dar máis permeabilidade a esa zona, tanto para o uso peonil como para o tráfico de vehículos”, dixo Eva García ao final do encontro.

“Debemos traballar neste sentido: mellorar o proxecto na medida do posible e resulte realizable porque moitasveces o ideal está reñido co que é factible” valorou a alcaldesa.

A partir de agora, o seguinte paso xa será a negociación e sinatura dun convenio entre ADIF e o Concello do Porriño para determinar as condicións económicas da obra, que podería ter un orzamento aproximado de 22 a 24 millóns de euros segundo determinen finalmente os técnicos.

Respecto ao financiamento da obra, por parte da administración central asegurouselle á alcaldesa que “se achegará dentro dunha partida xenérica de ADIF nos próximos Orzamentos Xerais do Estado”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad