Sthela Táboas 13/10/2021

O PSOE de Mos denuncia o rexeitamento do Concello nunha subvención da administración provincial para o apoio o comercio local

Recentemente, dende a Deputación de Pontevedra fixéronse reunións cos representantes de cada concello para comunicarlle unha nova vía de subvención, “Da túa man”. É un proxecto que apoiará aos veciñ@s comerciantes para manter vivas as vilas e xerar un impacto positivo a nivel social, económico e ambiental.

Dito proxecto engloba unha serie de actuacións que van dende a transformación dixital, á sensibilización e formación, transformación do punto de venta, sostenibilidade e ata a mellora da sinalética. Estas melloras serían financiadas nun 70% con fondos europeos, nun 15% pola Deputación de Pontevedra e o 15% restante, asumido polo concello.

Dende a oposición socialista din que “podería ser unha maneira de contrarrestar as consecuencias da pandemia e confinamento, onde o comercio de proximidade estivo sufrindo perdidas económicas irrecuperables; ademais de que o concello debería velar pola reactivación eficaz da economía local, sendo esta subvención unha maneira de facelo sen ter que asumir un importante desembolso”.

Tal e como denuncian os socialistas “é unha mágoa que dende a alcaldía mosense rexeitasen esta liña de axuda, facendo imposible a construción de vínculos entre comerciantes e veciñanza. Coma noutras ocasións, o socialistas pídenlle a rexedora local que aprobeite as subvencións de tódalas administracións, e tamén das que non están gobernadas polo Partido Popular”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad