Sthela Táboas 14/10/2021

O Concello de Mos celebrou esta mañá unha recepción na súa honra para felicitala por este novo éxito

A florista mosense Noelia Sías Villaverde, traballadora de Floristería Lola, participou do 29 de setembro ao sábado 2 de outubro no ‘MAF’, concurso nacional do Mellor Artesán Florista que se celebrou en Burgos; obtendo o segundo posto, por detrás do sevillano Julio Boza.

Foi unha final complicada, con pouco tempo para un traballo difícil e uns contrincantes de nivel. Sías logrou así a segunda prata nesta competición, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19). E para felicitala por este novo éxito o Concello de Mos organizou unha recepción na súa honra que se celebrou esta mañá no salón de sesións da Casa Consistorial mosense coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo; o tenente alcalde, Camilo Augusto; a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; Juan Lago de Floristería Lola e demais membros da Corporación Municipal.

Así que, tras o parón do ano pasado, este ano a mosense Noelia Sías volveu participar no ‘MAF’ volvendo a facer seco título de segunda mellor florista de España.

Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 37anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.

Arévalo declarou sobre este novo título de Noelia que “é un orgullo para Mos, sendo ademais o Concello da rosa, contar entre a nosa veciñanza coa segunda mellor artesá florista de España en dúas edicións consecutivas do concurso nacional”. A alcaldesa felicitouna por presentarse e quedar novamente 2ª nesta importante competición e animouna a seguir levando o nome da localidade mosense ao máis alto do mundo da flor.

Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 22anos vinculada ao mundo da floristería. Actualmente, e dende fai case 15anos, traballa en Floristería Lola, tamén de Mos, e formouse nalgunhas das mellores escolas nacionais do sector florista.

Entre os seus mestres figuran nomes tan destacados a nivel nacional como os de Juan Chamorro, Roberto Silbosa, Daniel Santamaría ou María Jesús Miranda e tamén algúns referentes internacionais como Gregor Lersch, Per Benjaminou Vadim Kazansky.

O xurado do MAF avalía en cada unha das probas do concurso aspectos como a técnica, a limpeza, a rapidez, a cor, o estilo actual, a dificultade de elaboración, a actitude dos floristas ou o compañeirismo. Dúas das probas son en grupo e os participantes teñen un tempo máximo especificado para completar cada unha delas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad