Mónica Romero 22/09/2021

O Concello de Tui promove a xornada “Turismo para un crecemento inclusivo”. Celebrarase o vindeiro luns, 27 de setembro, Día Mundial do Turismo

O Concello de Tui promove unha xornada titulada “Turismo para un crecemento inclusivo” con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebra o próximo luns. Será na Aula da UNED no antigo convento de San Domingos de 10 a 13 h.

Con esta actividade o Concello de Tui ten por obxectivo promover unha reflexión sobre as posibilidades que, de cara ao futuro post-covid, ofrece o noso territorio no ámbito turístico no que cómpre traballar en varias liñas de traballo:

  • Unha inmediata para mitigar os efectos socioeconómicos da pandemia como foi a liña de axudas de reactivación comercial para a continuidade dos negocios e o mantemento do emprego
  • Procura de novos sectores de oferta turística
  • Promover a competitividade e a capacidade de recuperación mediante a diversificación e o fomento do emprendemento
  • Impulsar a innovación e a transformación do turismo, afondando na calidade fronte a masificación
  • Aliñamento do sector cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) centrados, nesta oportunidade, na inclusión.

O próximo luns, 27 de setembro, ás 10.15 h está prevista a inauguración por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. A continuación a xornada contará cun relatorio a cargo do profesor da Escola de Turismo da Universidade da Coruña, Carlos Rodríguez Carro, que abordará unha reflexión sobre o sector turístico. Centrarase especialmente nas oportunidades que se abren neste escenario post-covid e que cómpre aproveitar dende unha aposta pola calidade, a diversificación e as novas ofertas de produtos turísticos.

Celebraranse dúas mesas redondas. Unha primeira “Turismo para todos” para amosar as actividades que no ámbito da inclusión realizan empresas e emprendedores tudenses. Na segunda mesa redonda “Novas iniciativas turísticas” participarán as novas ofertas turísticas especializadas que se desenvolven no ámbito tudense: ofertas de turismo familiar, para mascotas, etc. O programa complétase cunha intervención sobre o posicionamento do Camiño Portugués ao seu paso por Tui nas redes sociais.

Esta actividade está organizada polas concellerías de Turismo e Camiño de Santiago e Formación, Emprego e Igualdade do Concello de Tui. Da continuidade ás celebradas nos anos 2019 e 2020 e que tiveron unha excelente acollida. Este ano, debido as condicións da pandemia, as prazas están limitadas a 30 que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición. Os interesados enviar os seus datos a turismo@tui.gal.

XORNADA DIA MUNDIAL DO TURISMO

Luns 27 de setembro

Turismo para un crecemento inclusivo

10.15 h: Inauguración polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González

10.30: Ponencia de Carlos Rodríguez Carro, profesor do grado en turismo da Universidade da Coruña

11.15 h Mesa redonda: Turismo para todos

  • Ana Isabel Mariño – Hotel Torre do Xudeu
  • Carlos Estévez – Federación Galega de Motonáutica
  • Laura Méndez – Restaurante El Molino

11.45 h A promoción do Camiño Portugués a través das redes sociais por Cristóbal Ramírez

12.30 h Mesa redonda: Novas iniciativas turísticas

  • Sara Quintana Vila (Visitas guiadas Tui)
  • Natalia Lago Bravo (Educación ambiental no Parque Natural do Monte Aloia – A fada do Aloia)
  • Ana Mª Rodríguez Ruiz (centro zoolóxico termal “El Arca” – Balneario de Caldelas)

13.00: Clausura

Organiza: Concellería de Turismo e Camiño de Santiago e Concellería de Emprego e Formación

Lugar: Aula Uned

Inscrición previa en turismo@tui.gal

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad