Mónica Romero 22/09/2021

Tui recibe unha subvención de 600 mil euros do Consello Superior de Deportes para a reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez

O Concello de Tui vén de recibir a comunicación por parte da subdirección Xeral de Promoción e Innovación Deportiva da concesión por parte do Consello Superior de Deportes dunha subvención de 599.863,23€ dentro das axudas ás corporacións locais e empresas públicas municipais do ano 2021 para obras de accesibilidade e obras en infraestruturas deportivas relacionadas coa celebración de competicións de carácter internacional.

Estes case 600 mil euros destinaranse á reforma do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, sede do Club Kaiak Tudense que organiza anualmente ao Descenso Internacional do Miño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba a súa satisfacción pola concesión desta subvención que cubrirá a práctica totalidade do investimento previsto, e que inicialmente se ía asumir con cargo ao remanente de tesourería. Con esta actuación renovaranse completamente as instalacións que datan do ano 1987. A proposta a executar buscará abrir a zona de adestramento, na planta baixa, ao Miño, cun sala de espera, entrada lateral, acceso adaptado, almacén de piraguas, e vestiarios. Mentres, no primeiro andar que aumentará en volume, plantéxase a zona administrativa, crearase unha zona de fisioterapia, sala de descanso, zona de sauna, hidromasaxe, crioterapia e vestiarios, e se manterá a zona de ergómetros. O edificio contará con novas entradas de luz natural e toda a fachada será revestida dunha “pel” que lle dará homoxeneidade e a integrará no entorno.

As obras comezarán en breve xa que o proxecto foi xa licitado e está pendente de completar o proceso de adxudicación.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que con este proxecto reformarase o centro municipal de piragüismo que era a única instalación deportiva de carácter público que non fora obxecto de obras nos últimos anos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad