Mónica Romero 22/09/2021

Terá lugar no Parador de Tui o vindeiro 25 de setembro en horario de 11:00 a 13:15 horas, serán obxecto de presentación e análise os recursos da Administración na loita contra a violencia de xénero

A Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) organiza por segundo ano consecutivo un congreso sobre igualdade, que nesta edición leva por título ‘Protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero’.

Durante a celebración deste congreso, que terá lugar no Parador de Tui o vindeiro 25 de setembro en horario de 11:00 a 13:15 horas, serán obxecto de presentación e análise os recursos da Administración na loita contra a violencia de xénero, os protocolos de atención nos centros de información á muller (CIM), os procedementos de denuncia e as dificultades que atoparon as asociacións durante a desescalada.

Desde Femupo destacan a oportunidade que brinda este evento, xa que favorece un maior coñecemento e comprensión dos protocolos, axudas, ferramentas e recursos dispoñibles para a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero grazas á intervención de persoas expertas como a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a presidenta da Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller, Montserrat González; a letrada do Centro de Información á Muller de Mos, Ana Rodríguez; e a presidenta de Femupo,
Raquel Touriño.

O devandito encontro, que marca o segundo aniversario do nacemento de Femupo, busca consolidarse como un foro autonómico de referencia no eido da igualdade ao congregar a sectores e representantes deste ámbito.

O congreso concluirá coa intervención da presidenta de Amei Tui, Anabel Solla, que informará das actividades realizadas e das vindeiras actuacións desta federación

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad