Sthela Táboas 15/09/2021

Alejandro Lorenzo reclama “a elaboración dun presuposto para xestionar debidamente o Concello do Porriño” xa que nos últimos anos se fixeron máis de 80 transferencias de crédito

“Os ingresos anuais por multas de tráfico no Concello do Porriño soe roldar os 250.000 €, e o goberno nos sorprende coa cifra do 2021 que ascenderá a un total de 904.230 €, pola cal pediremos o informe correspondente.”

No pleno celebrado este mércores 15 de setembro, o goberno municipal do Porriño presentou catro modificacións orzamentarias sobre os orzamentos prorrogados e elaborados no ano 2018. O importe destas modificacións supera os 2 millóns de euros en total.

Deste xeito, o Concello do Porriño continúa, case 4 anos despois, sen presentar proposta orzamentaria algunha.

Dende a agrupación popular indican que “nesta situación, os seus socios de goberno, quen apoiaron a investidura no seu día, cun pacto de goberno no que pedían que nos primeiros 100 días de goberno se presentaran uns novos orzamentos, así como inversións nas parroquias e casco urbano claudican unha vez máis, cunha parálise nunca antes vista e tentando resolver a situación con modificacións orzamentarias á carta.”

Mentres, describen que “a situación do Concello é nefasta, co total abandono dos parques infantís, camiños e vieiros; onde a limpeza, rozas e saneamento é inexistente”.

O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, sinala que estas “son as necesidades que levamos reclamando durante moito tempo, xa que non se pode xestionar un concello adecuadamente sen demostrar interese polo pobo e sen a elaboración duns orzamentos”. Ante esta situación “os seus socios do goberno non foron quen de presentar, nos case catro anos de goberno, un novo borrador de orzamento municipal; unha prioridade para un concello que supera os 20.000 habitantes”

Ademais advirte que, nas modificacións orzamentarias que se presentaron no último pleno “o goberno municipal non pode buscar partidas e inventar ingresos para xustificar tódolos gastos que precisa este concello”. Indican dende o Partido Popular que “así consta nos informes de posibles ingresos anuais, cunha contía elevadísima, nos que os referidos ás multas de tráfico pasarán dos 250.000 € anuais aos 904.230 € no ano 2021, feito polo cal pediremos o informe correspondente ó goberno municipal”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad