Mónica Romero 15/09/2021

O Concello de Salvaterra de Miño a a Cofradía do Viño do Condado do Tea e espumosos presentan diversas actividades formativas para o outono 2021

Dende a súa apertura no mes de Febreiro do ano 2019 o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, está sendo todo un referente cultural sobre a vitivinicultura e enoloxía en España.

O “Concello de Salvaterra de Miño” e a “Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos”, animados pola acollida e participación de edicións anteriores, presentan unha variada oferta de cursos relacionados co mundo do viño para o outono de 2021, un proxecto ambicioso en canto a volume e calidade de actividades programadas.

Os cursos están dirixidos tanto a afeccionados ó mundo do viño en xeral coma a todos aqueles profesionais que realizan as súas funcións en bodega, hostalaría, enoturismo ou distribución que desexen ofrecer un óptimo servizo ós clientes a través dun mellor coñecemento da cultura do viño.

Estes cursos están impartidos por Jorge Vila, un formador homologado con ampla experiencia como docente e un profundo coñecemento do mundo do viño.

As devanditas accións formativas combinan ideas teóricas con catas dinámicas prácticas, de maneira que o seu seguimento resulta sinxelo e ameno.

Así, a través destas accións formativas, sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, conseguimos entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo. O programa expón as principais claves para gozar do viño, aplicándoas ós viños tanto da comunidade autónoma de Galicia coma das principais rexións vitícolas europeas (España, Portugal, Francia e Italia).

  1. Curso: “Iniciación á Cultura do Viño”

2 sesións, 3horas cada unha. 13 e 20 de outubro de 2021. (mércores)

*12 viños a catar

Matrícula 50€ IVE incluído

  1. Curso: “Viños de Galicia e Portugal”

2 sesións, 3horas cada unha. 8 e 15 de novembro de 2021. (luns)

*12 viños a catar

Matrícula 60€ IVE incluído

  1. Curso: “Os grandes clásicos: España, Francia e Italia”

2 sesións, 3horas cada unha. 29 de novembro e 13 de decembro de 2021. (luns)

*12 viños a catar

Matrícula 60€ IVE incluído

  1. Curso: WSET CUALIFICACIÓN DE NIVEL 1 EN VIÑOS

1 sesión de 8 horas. Primeiro semestre de 2022.

*9 viños a catar

Matrícula 195€ IVE incluído

  1. Curso: WSET CUALIFICACIÓN DE NIVEL 2 EN VIÑOS

2 sesións de 17 horas total. Primeiro semestre de 2022.

*43 viños a catar

Matrícula 595€ IVE incluído

As actividades desenvolveranse de xeito presencial na Casa do Conde, edificio histórico que forma parte das instalacións do Museo da Ciencia do Viño, cumprindo coas normas seguridade e hixiene imperantes.

Os alumnos recibirán, ó remate do curso un diploma acreditativo.

As inscricións poderán facerse a través do enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou ben vía telefónica no 617.14.88.66. As prazas son limitadas.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad