Sthela Táboas 20/08/2021

Alejandro Lorenzo lamenta que “o Concello do Porriño, sendo que cobra o IBI, non xestione as alegacións e deixe abandoada á cidadanía”

O Concello do Porriño anunciaba onte o peche do punto de información habilitado para atender as consultas dos veciños sobre o incremento da valoración catastral, tan só un mes despois de abrir.

Deste xeito como afirma o voceiro do PP, Alejandro Lorenzo “deixa aos veciños de lado e non é a primeira vez” lembra que “xa en outubro do 2020 foi o goberno quen propuxo a modificación do coeficiente do imposto sobre bens inmobles”; momento no que “a alcaldesa do Porriño defendía unha suba do 0,4 ó 0,5, incremento que recaería nas arcas municipais e todo sendo coñecedores da nova valoración catastral que se produciría neste ano 2021”.

Durante o tempo que o servizo de información catastral estivo aberto, sinala o voceiro do PP, Alejandro Lorenzo que “a atención non foi a adecuada, xa que non se axudou aos veciños a facer as reclamacións pertinentes, nin xestionar os anos de atraso”.

O portavoz do PP lembra que “en abril deste mesmo ano, o grupo popular advertía ao Concello do Porriño da necesidade de fraccionar o pago dos catro anos de atraso” e advirte que “desde o Concello do Porriño nada se fixo ante o “catastrazo” que se prevía”.

Dende o grupo popular comparan as accións levadas adiante por outros concellos que “ademáis de axudar coas reclamacións e a posibilidade de fraccionar pagos co asesoramento técnico de empresas contratadas para tal fin, continúan co punto de información aberto e así reforzan o servizo”. Remata Alejandro subliñando que “é o Concello do Porriño o que percibe estes impostos e, polo tanto, é o que debe dar resposta e non derivar aos cidadáns a outras administracións”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad