Sthela Táboas 20/08/2021

É unha adaptación do popular Trivial que se disputará por parellas cunha idade mínima de participación de 16 anos e que xa conta con 1.500 preguntas sobre historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e ocio do Porriño

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura que dirixe Cami Moreira, presentou esta mañán na Bilioteca Municipal o “Trivium Porriño”, que se desenvolverá durante as Festas do Cristo.

Trátase  dun xogo xigante similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila, para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre O Porriño. “A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita, como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, sinalou Cami Moreira.

Xogarase durante os días 19, 24 e 25 de setembro (datas de clasificación) e o 2 de outubro será a partida final. En todas as quendas, as partidas serán na Praza do Cristo onde se habilitará un esceario e cadeiras para o público que queira asistir.

Os equipos estarán formados por dúas persoas. Os premios, que serán de consumo no comercio e na hostalería locais, son de 300 € para a parella gañadora, 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

Competirán 16 parellas que serán elixidas mediante un vídeo pequeno de 30 segundos como máximo, contando o por qué do seu interese en participar no “Trivium” e que deberán subir ás súas redes sociais de Facebook e Instagram etiquetando co hadstag  #TriviumPorriño e etiquetar a páxina de Facebook Trivium Porriño ou do perfil de Instagram @triviumporriño.

A concelleira de Festexos e Cultura apelou a que esta convocatoria “é unha excelente oportunidade para formar parellas interxeneracionais entre avós e netos -idade mínima de participación 16 anos- por exemplo, que combinen os seus coñecementos da historia, cultura e demais eidos da vida porriñesa, coa habilidade para manexarse nas redes sociais”.

As parellas seleccionadas serán as que teñan máis me gustas nos seus vídeos cando se faga o reconto, que será o 14 de setembro ás 15:00 h. “A partires de hoxe mesmo, 20 de agosto, poden inscribirse subindo os vídeos ás súas redes sociais, etiquetando para acadar o maior número posible de likes”, manifestou o responsable de “Especialistas Hípica Celta”, Joaquín Rodríguez. Esta empresa colabora coa Concellería de Festexos o desenvolvemento desta nova iniciativa, xunto coa Oficina Municipal de Información á Xuventude, OMIX do Porriño.

Segundo explicaron hai preparadas 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e ocio.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad