Sthela Táboas 20/08/2021

Trátase de dous varóns de 18 e 19 anos de idade e unha menor que tentaron fuxir a pé despois des ser vistos por un cidadán que chamou á policía

A pasada madrugada, grazas á colaboración cidadá, axentes da Policía Local do Porriño detiveron a tres mozos, veciños de O Porriño, que formaban un grupo moi activo, aos que se lles responsabiliza de diversos roubos acaecidos no Porriño nos últimos días en vivendas e tamén no interior de vehículos.

As detencións realizáronse tras a chamada á Policía Local dun veciño ás 4:27 h, informando que estaba vendo varias persoas dentro dun domicilio con linternas. Unha dotación da Policía Local acudiu e, ao apercibirse da presencia da patrulla os intrusos tentaron a fuxida a pé, pero tras unha persecución, foron detidos dous mozos de 18 e 19 anos e unha moza menor de idade. Os axentes puideron recuperar os obxectos sustraídos e devolvelos aos donos da vivenda.

A menor foi entregada a súa nai, pero deberá pasar a disposición da Fiscalía de Menores. Os dous mozos maiores de idade, pasan a disposición do Xulgado de garda do Porriño. 

A Policía Local informou que a detención deste grupo ía producirse na noite do mércores ao xoves, pero adiouse por causa do lume declarado no serradoiro de Mosende, que obrigou a concentrar todos os efectivos de garda para atender ese sinistro.  

A Policía Local e a Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, agradecen a colaboración cidadá, lembrando que a Policía Local do Poriño ten patrulla dispoñible as 24 h do día, ben chamando a través do 112 ou ao teléfono 620 40 40 40.

1 pensamiento a “A Policía Local de O Porriño detivo esta madrugada a 3 xóvenes por roubos en vivendas e vehículos

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad