Sthela Táboas 06/08/2021

A xunta de voceiros municipais debateu novas propostas de axuda á economía local e convenios coas Comunidades de Montes

O alcalde accidental, Pedro Pereira presidiu hoxe a reunión da xunta de voceiros municipais que abordou dous asuntos: novas propostas de axudas á economía local, e a negociación de convenios coas Comunidades de Montes.

O concelleiro de Promoción Económica, David Alonso, solicitou aos restantes grupos da corporación que fixeran as súas propostas sobre qué destino darlle aos cartos sobrantes do Fondo de Axudas Covid, que ao longo deste ano repartiu o Concello entre establecementos de Hostalería, Comercio, Autónomos e Microempresas que as solicitaron.

A partida era de 140.000 €, dos que se entregaron achegas por importe de 112.280 €, polo que a cantidade disposta é de preto de 28.000 €.

Acordouse que o concelleiro daralle forma a unha proposta para habilitar unha convocatoria de axudas á que poderán presentarse establecementos, autónomos e micro empresas, que non tiveran recibido anteriormente achegas desta liña de axudas  ”Porriño Impulsa”. Por outra banda, en condición de concelleiro de Patrimonio Municipal, Pedro Pereira informou aos voceiros dos grupos da corporación, que está a negociar coas Comunidades de Montes. Trasladoulles un borrador de convenio coa comunidade de montes de Budiño que “establece unha cesión de uso dos locais namentres non haxa unha resolución xudicial firme”. Pereira Fernández informoulles que “tamén está a traballar e negociar outro convenio similar coa comunidade de montes de Atios”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad