Sabela Landín 06/08/2021
Festival Cans

 XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de setembro, estrea sección: chámase `Correspondencias´ e nace para amosar un diálogo en imaxes entre cineastas galegos con cineastas doutros países e fomentar un intercambio de ideas inéditas filmadas.  Os encargados de botar a andar esta sección serán o cineasta galego Eloy Domínguez Serén e o colombiano Samuel Moreno, que mantiveron unha interesantísima correspondencia filmada que terá a súa estrea absoluta nesta edición do Festival de Cans.

EloyDomínguez (Simes, Meaño, 1985) estreará a sección ‘Correspondencias’. Domínguez é un dos cineastas galegos mais recoñecidos internacionalmente. Filmes seus coma “No cow in the ice” ou o mais recente “Hamada” participaron en algúns dos máis prestixiosos festivais do mundo. Foi premiado en certames coma o de Toulouse, o Porto/Post/Doc ou o Bafici de Buenos Aires. Eloy Domínguez intercambiará ideas filmadas con SamuelMoreno, cuxa primeira longametraxe, “El baile de la Iguana”, colleitou moi boas críticas a nivel internacional e pasou por certames como Visions du Reél.

Estas cartas fílmicas son pezas narrativas en primeira persoa, construídas dende a soedade. En moitos casos, foron realizadas en épocas duras de confinamento. Hai un nexo común nas temáticas: os contextos políticos. A pandemia ou os momentos precisos de axitación social en Colombia dos últimos meses, por exemplo, están moi presentes.

Xunta con estas dúas pezas inéditas, a sección sumará tamén a curtametraxe “Curta Nº4”, do cineasta Marcos Nine, e da correspondencia fílmica que no seu momento mantivo tamén con Eloy Domínguez Serén.

O acceso será de balde pero baixo rexistro na tenda en liña do Festival de Cans. O aforo será de só 40 persoas.

FURACÁNS SEGUE MEDRANDO, CON DEZ OBRAS A COMPETICIÓN, CINCO DELAS ESTREAS, E UNHA GRAN PRESENZA DE MULLERES CINEASTAS.

A sección competitiva  Furacáns, adicada ás curtametraxes de non ficción que asumen un maior risco narrativo, continúa medrando en cantidade e calidade. Este ano participan 10 curtametraxes. O Festival aposta pola ollada feminina: o 60% son asinadas por mulleres.

Furacáns acollerá este ano 3 estreasabsolutas: “Persoa, pobo, paisaxe”, unha fermosa curtametraxe realizada polo xovencísimo cineasta de Boiro DanielPérezSilva; “Só as árbores coñecen o son das balas”, na que RebecaLar explora de xeito arriscado no máis fondo dun macabro asasinato múltiple na Guerra Civil; ou “O Intruso”, a nova curtametraxe da cineasta e fotógrafa da Estrada AriadnaSilva.

Ademais, a sección do Festival adicada á non ficción acollerá a estrea en Galicia de “El jardinero clandestino”, unha interesante reflexión sobre a resistencia a través da ecoloxía urbana, obra da nova cineasta porriñesa EreaPereiro e de Francisco Guirao, e “Eu Mais” de ÁngelMontero, que chega a Cans logo de ser tamén seleccionada en festivais coma o Zinebi ou DocLisboa.

Por Furacáns pasarán tamén o novo proxecto da realizadora estremeña afincada en Galicia DenaParro, “Perrunillas”, que pasou entre outros polo Festival Alcances;  “Marcas”, de AldaraPagán, realizada dentro da súa estadía na Elías Querejeta Zine Skola; ou “Blanco y Fucsia”, da videoartista e cineasta MartaValverde. Todas estas obras teñen unha forte compoñente autobiográfica e provocan interesantes reflexións arredor do xénero.

Completarán Furacáns senllas obras de dous cineastas que están tendo un gran percorrido en numerosos festivais internacionais. Por unha banda, XacioBaño -dúas veces gañador do Can de Pedra na categoría de ficción- coa súa nova curta “Augas abisais”. O filme, unha indagación sobre unha parte do seu pasado familiar, xa pasou por festivais coma o de Málaga, o D´A Festival ou Clermont-Ferrand. Ademais, EloyDomínguez competirá coa súa última curtametraxe “Os Corpos”, unha olllada irreverente sobre o entroido ourensán que xa foi proxectada en certames tan prestixiosos como o Bafici ou o Fic Xixón.

As entradas para esta sección de Furacáns sairán á venda este xoves na tenda en liña do Festival de Cans: https://tenda.festivaldecans.com/.

Só haberá 95 entradas á venda, 35 para a mañá do sábado e 60 para a sesión de tarde. O seu prezo é de 6 euros. Tamén están dispoñibles na tenda do Festival as entradas para a Noite das Homenaxes e o concerto de Maika Makovski –o venres 3 de setembro, 5 euros-, e máis as que dan acceso á gala de entrega de premios ao concerto de Ses co que se pechará o Festival de Cans o sábado 4 de setembro. 

Hoxe tamén saen á venda na web do Festival as entradas soltas para as categorías competitivas de Ficción e Animación. O seu prezo é de 12 euros. 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad