José Docampo 31/07/2021

O Concello anuncia a inminente contratación da concesionaria da obra, que ten un prazo de execución de 4 meses e un orzamento de preto de 436.000 euros.

A Deputación notificou esta semana a concesión de subvención so Concello de Mos por importe de 435.801,90 euros con destino ao financiamento do investimento “Humanización da estrada Generoso Domínguez dende o camiño da Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela”, con cargo ao Plan Concellos 2021.

A finais do pasado ano 2020 o Pleno do Concello de Mos aprobaba por unanimidade a expropiación necesaria para acometer esta segunda fase da humanización Cela. Tratábanse de 5 parcelas afectadas para a realización da obra e da expropiación dun propietario. Agora, co crédito necesario a través da subvención, iníciase o procedemento de contratación dunhas “obras de importancia capital para a parroquia de Cela e para a veciñanza mosense en xeral”, tal como a propia alcaldesa mosense.

Trátase da segunda fase da humanización de Cela que abarcará desde a estrada Generoso Domínguez, á altura do Camiño da Quinta, ata Igrexa de San Pedro de Cela. O Orzamento Base de Licitación incluido IVA, ascende á cantidade de 435.801,90 € e estímase un prazo aproximado para a execución das obras, unha vez iniciadas, de 4 meses.

A actuación proxectada ten por obxecto a segunda fase de humanización da Estrada Generoso Domínguez, nunha lonxitude de 321 m entre o camiño da Quinta e a Igrexa de S. Pedro de Cela, que inclúe a creación dunha nova beirarrúa de 2 m de ancho na marxe esquerda (parte Norte do vial). Esta beirarrúa estará axustada á aliñación que define o PXOM, o cal aumenta o ancho actual, duns 5 m, a 10 m previstos no Plan, o cal require o deseño de novos muros de contención nalgunhas zonas. Na marxe norte proxéctanse eses 4 novos muros que suman un total de 234 metros de lonxitude.

Dacordo coas directrices de deseño, proxéctase unha nova beirarrúa de 2 m de ancho pola marxe esquerda (Norte), axustada á aliñación definida no PXOM, para o que é necesario ampliar a plataforma actual. A beirarrúa dispoñerá de vaos de acceso a parcelas. A sección de beirarrúa será de formigón coloreado. Deséñase unha sección de beirarrúa formada por elementos tales como 15 cm de pavimento continuo de formigón armado coloreado (verde ou a escoller) e 15 cm de base de Zahorra Artificial.

Cando a beirarrúa discorre nos tramos de acceso a parcelas, refórzase a sección para soportar as cargas de vehículos, substituíndo o pavimento de formigón coloreado por pavimento de lastra de formigón. Debido ao perigo do tramo, con anchos de apenas 5 m para o cruzamento de vehículos, e curvas pechadas, sen visibilidade, proponse a ampliación da plataforma nos puntos máis restritivos, dentro dos límites das aliñacións do Plan vixente, para mellorar o trazado e posibilitar o cruzamento de grandes vehículos con maior seguridade.

A ampliación da plataforma para a creación de itinerarios peonís e a mellora da eficiencia enerxética da rede de servizo, implican a revisión do estado actual da instalación dunha nova rede de iluminación pública, que consta de novo cadro de mandos, situado no centro de cargas, do que parten dous circuítos, gabia para iluminación pública, enterrada baixo beirarrúa, por onde discorrerá o cableado, e novos farois, situados ao bordo da nova beirarrúa. Dispoñeranse puntos de luz de maneira unilateral na marxe esquerda cada 30 m aproximadamente. O modelo para empregar será o composto por farol de 9 m con columna galvanizada azul troncocónica e luminaria led.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad