Redacción 29/12/2020

ABANCA e Afundación inician a repartición de 10.300 menús para menores de familias vulnerables do programa ‘Cubertos Nadal’

O banco e a súa Obra Social poñen en marcha a segunda fase deste programa tras a repartición a semana pasada de 6.200 menús especiais

As comidas garanten unha alimentación saudable durante as vacacións escolares a 1.467 menores das sete grandes cidades galegas

A segunda edición deste programa social distribuirá en total 16.500 comidas para menores e as súas familias

ABANCA e Afundación comezan este luns a segunda fase do programa de apoio social ‘ Cubertos Nadal’ que contribuirá a garantir unha alimentación saudable a 1.467 menores de fogares especialmente afectados pola crise da covid-19 durante o período das vacacións escolares.

En total, ata o próximo 7 de xaneiro, repartiranse 10.269 comidas a nenos e nenas na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, en colaboración con concellos ou entidades sociais, en función da localidade.

A acción comezou a semana pasada coa distribución de 6.200 menús especiais para toda a familia para a cea de Noiteboa e a comida de Nadal.

‘Cubertos Nadal’ forma parte das accións solidarias postas en marcha este Nadal por ABANCA e Afundación co fin de contribuír a que naqueles fogares que están atravesando dificultades económicas neste momento póidase vivir tamén o espírito do Nadal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad