Redacción 28/12/2020

Despiden o ano con dous campións autonómicos -Laura Mira e David Fernández-, dúas pratas -André Martínez e Uxía Soto- e dous bronces -Marta Estévez e Luís Fernández “Oli”-

 

Despois dunha gran actuación dous riders da Escola de Ciclismo Avanza na Copa Galicia de Ciclocross, con 4 ouros e un bronce e o premio o mellor equipo na competición da Copa Galicia, tocaba afrontar esta vez o Campionato Galego de Ciclocross que tivo lugar este domingo 27, na localidade coruñesa de Ferrol.

Nesta ocasión só conseguiron subir ao mais alto do podio David Fernández, na categoría Sub23 e Laura Mira, na Júnior Fémina.

Pero non quedaba así os metais conseguidos polos integrantes da asociación porriñesa, xa que categoría cadete tamén conseguían estar presentes no podio do Campionato Galego de CX, André Martínez e Uxía Soto, cunha prata; e Marta Estévez, co bronce.

Na categoría Élite hai que destacar a gran actuación dun Luís Fernández “Oli” que unha vez mais demostra que quen tivo retivo, o que fora ciclista profesional en equipos como o Phonak, Karpin Galicia…. conseguía o bronce no Campionato Galego de Ciclocross.

Un Luís Fernández “Oli”, un peza clave na formación dos e das riders da escola de ciclismo Avanza desde o seus inicios, inculcando desde as categorías mais pequenas os grandes valores deste fermoso deporte, compañeirismo e a deportividade por riba de todo.

Ao longo deste ano, dende Avanza queren agradecer a gran labor de Luz María Iglesias “Luz” e Yaiza Fernández, que captaron as imaxes xornada tras xornada, conseguindo comunicar e achegar ás familias e amantes deste deporte os mellores momentos, máxime ao excluírse a presenza de público nas probas por mor da pandemia.

A ledicia e a emoción nas filas da familia Avanza xúntanse co nerviosismo, pois en menos de dúas semanas, daranse cita no Campionato de España de Ciclocross, que este ano terá lugar no municipio cántabro de Torrelavega. Entre os días 8 e 10 de xaneiro, a comarca do Besaya repartirá os títulos nacionais da modalidade de Ciclocross.

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad