Redacción 19/10/2020

A xoven salvaterrense que xa conta cun importante palmarés as súas costas, viaxará a Finlandia a finais deste mes para disputar o Campionato de Europa Junior  

 

 

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez e o Concelleiro de Deporte e Xuventude, Edgar Martínez Philippon, recibiron no Concello á xove promesa do bádminton, Lucía Rodríguez García. Pois xa se aproxima o Campionato de Europa Junior, que se disputará en Finlandia entre o 29 de outubro ao 7 de novembro.

Representantes municipais compartiron diversas impresións sobre os distintos logros da deportista, hábitos de entrenamentos e alimentación, sacrificios propios dun talento aproveitado, etc. “ Lucía é un orgullo para tod@s nós, xa que leva o nome de Salvaterra por todo o mundo logrando sempre os mellores postos en todas as competicións”, aseguraba a rexidora. 

No que vai de ano, Lucía acadou numerosos éxitos de gran relevancia, como as victorias no Internacional España sub 19; ou o Aberto de Bulgaria Junior 2020. No seu palmarés taménconta cunha dobre prata -individual e equipos- no TEM de Eslovenia e no RSL de Lituania 2020; así como un terceiro posto no Internacional de Hungría 2020.

Con todo este potencial, Lucía asegura que entrena cada día porque goza do bádminton, non se pon outra meta que non sexa seguir entrenando e mellorando porque queda moito por aprender, facendo latente outra das súas virtudes como é a humildade, tan importante para chegar ao éxito en calquera ámbito da vida. En definitiva, a xove salvaterrense é xa unha realidade que, sen dúbida, dará moito que falar no mundo do bádminton.

O Concello de Salvaterra continuará esa línea de apoio a Lucía e outr@s deportistas, ademais de desexarlle moita sorte para o Europeo de Finlandia, no que fará con toda seguridade un torneo maxistral.

 

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad