Redacción 19/10/2020

Ata o 23 de outubro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre negocios en liña, fotografía, debuxo con Onshape, FacebookAds, Google Analytics, Google Adwords e a marca turística

 

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, ofertaesta próxima semanasetenovas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobreo negocio en liña, fotografía, debuxo con Onshape, FacebookAds, Google Analytics, Google Adwords e a marca turística.

En concreto, este luns Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, impartíu o obradoiro “Estratexia de palabras clave para posicionar o teu negocio en liña”.

Mañá martes, 20 de outubro, será a quenda de dúas novas accións: “Cámara réflex: aprende a utilizar o modo manual en fotografía”, a cargo de Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, e “Debuxo con Onshape, PartStudio IV”, impartida polo experto universitario en robótica Manuel Freire.  

O mércores 21, Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas, falará sobre  “FacebookAds”.

Na xornada do xoves 22, están previstos dous obradoiros: a diplomada en Ciencias Empresarias Esther Garciñuno desenvolverá “Informes personalizados en Google Analytics” e María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación Corporativa, impartirá a acción “Introdución a Google Adwords”.

Por último, o venres 23 levarase a cabo “Creación e difusión dunha marca turística”, a cargo de Mariana Rosa, graduada en Turismo e técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad