Este xoves 11 de marzo tivo lugar a cerimonia de entrega dos premios do I Certame de Relato Histórico do IES de Mos. A iniciativa, que partiu do IES de Mos coa colaboración da ANPA do instituto, ten como finalidade fomentar a creatividade literaria entre o alumnado, profesorado e PAS ao tempo que achegarse á Historia desde unha perspectiva literaria.