Redacción 27/02/2021

PODEMOS MOS presentou unha moción a través do grupo municipal GañaMós no pasado pleno, reclamando a adopción de medidas efectivas para rebaixar o prezo da luz.

 

Na moción aprobada pola totalidade do Pleno acórdase instar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a impulsar a reforma do mercado eléctrico para acabar cos “beneficios caídos do ceo” que reciben no mercado almacenista determinadas tecnoloxías polo propio funcionamento do mercado. Tamén, o Pleno acordou instar ao Ministerio e ao Partido Socialista dentro do goberno de coalición a apoiar a creación dunha empresa pública de enerxía para evitar o acaparamento das grandes compañías enerxéticas na xeración, distribución e comercialización de electricidade, e favoreza a competencia nun sector de oligopolio, para contribuír aos obxetivos de reformar e democratizar o mercado eléctrico, sendo ademais un instrumento útil que axude a baixar os prezos da luz e garantir prezos alcanzables para o conxunto da poboación.

Ademáis, solicítase ao concello de Mos que continúe apoiando de maneira decidida o desenvolvemento das enerxías renovables no marco dunha auténtica estratexia de transicion xusta. Na moción foi aceptada tamén a emenda do Partido Popular para incluír nos puntos do acordo a solicitude de baixar o IVE na factura da luz e poñelo superreducido.

O voceiro Román González, declarou que “é unha enorme satisfacción e un motivo de ilusión de cara a todo o conxunto da veciñanza ver como a clase política,
moito máis alá dos intereses partidistas, é capaz de chegar a acordos polo ben común”, e tamén que “polo ben de toda a veciñanza, chamaremos á porta do ministerio as veces que faga falta ata conseguir que o PSOE cumpla co acordo de goberno”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad