Redacción 27/02/2021

O Pleno dá conta do remate dun exercicio que non tivo reservas de Intervención. Logrouse unha nova rebaixa da débeda e o cumprimento da estabilidade orzamentaria e a regra de gasto, pese a estar suspendida pola situación de pandemia.

 

O Pleno da Deputación de Pontevedra pechou hoxe formalmente o exercicio orzamentario de 2020 dando o visto bo á liquidación dunhas contas que “certifican a calidade na xestión económica dunha das Administracións máis solventes do Estado”. O 2020 pechouse con superávit e o fito de non ter levantado un só reparo de Intervención. Os informes ratifican tamén o cumprimento, a pesar do complicado contexto socioeconómico, dos principios de estabilidade orzamentaria e regra de gasto, así como a práctica eliminación da débeda. Á vez reforzando a privilexiada posición como a Administración provincial de toda España que máis fondos transfire aos concellos, chegando ata a cifra récord do 35,35%, un balanzo cualificado como “histórico” polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font.

A Intervención da Deputación tamén deixa claro nos seus informes que a estabilidade orzamentaria alcanzouse con folgura, ao rexistrarse un superávit de máis de 13 millóns de euros. A maiores, a Deputación cumpriu sobradamente co principio da regra de gasto, a pesar de estar suspendido polo Ministerio de Hacienda a causa da pandemia, e volveu acreditar a súa axilidade para atender as facturas dos provedores cun período medio de pago de tan só 12,8 días. Carlos Font subliñou que a Deputación foi quen de pagar practicamente o 100% das obrigas recoñecidas ao longo do ano. Ao peche deste Orzamento tan só constan tres facturas, por importe de pouco máis de 3.000 euros, e que foron presentadas despois do 31 de decembro. A maiores tan só figuran as validacións dos desprazamentos e horas extra do persoal que non foran autorizadas con carácter previo. “Somos a Administración de toda España con menor número de facturas abonadas a través do mecanismo do recoñecemento extraxudicial de crédito, que antes de que nós chegaramos ao Goberno aquí era a norma habitual, pois no ano 2014 chegouse a pagar un 15,5% do total por esta fórmula, por non mencionar que nos atopamos facturas sen validar no caixón por valor de 3,6 millóns de euros”.

O vicepresidente, César Mosquera, afirmou que a situación económica “é francamente boa, se miren os números por onde se miren”. Un balanzo que, remarcou, cobra aínda máis valor polo feito de que se alcanzou ao tempo que se rebaixaba a débeda e se cumpría con tódalas obrigas. “O rigor na xestión económica aumentou moitísimo e, aínda que a perfección non exista, seguimos avanzando para que a mellora siga e siga”.

O interventor tamén destaca que en todo 2020, a Deputación só pagou 100.000 euros coa fórmula dos anticipos de caixa fixa, ou pagos a xustificar. E todos eles foron librados con informe favorable, o que volve demostrar o esforzo de planificación e control do gasto corrente. O remanente de Tesourería ao peche do ano ascendeu a 155,5 millóns de euros (algo máis dun 5% sobre o ano anterior). Gran parte dese remanente xa está financiando créditos de gastos por valor de 129 millóns de euros que, xunto coas desviacións positivas (3,9 millóns) e compromisos de ingresos (7 millóns de euros) alcanzan créditos de gastos por un total de 140,6 millóns. A débeda provincial quedou en 1,8 millóns de euros, despois de comezar o ano en 7,6 millóns. “Atopámola en 40,9 millóns de euros cando chegamos ao Goberno no ano 2015 e estamos a piques de eliminala. Recibimos unha Administración hipotecada e agora somos unha Administración modélica que está a un paso da débeda cero. Non é cuestión de maxia, nin de arquitecturas financeiras, tan só de respecto máximo polos recursos públicos”, destacou Font.

O nivel de execución do Orzamento mantense en torno ao 50%, como vén sucedendo dende 2019, ano en que se conseguiu unha suba dun 12% sobre o exercicio anterior, difícil de alcanzar para unha administración cuxo nivel de execución depende en gran medida do ritmo no que os concellos certifican os gastos subvencionados pola Deputación. Estas cifras foron consideradas como “altamente satisfactorias” dado que se refiren ao ano da pandemia, no que se tiveron que aprobar varias prórrogas na execución de obras a cargo dos Concellos, especialmente no Plan DepoRemse de mobilidade segura en viarios municipais.

Finalmente, a situación da pandemia impediu a celebración de moitas actividades e programas dos distintos servizos provinciais. Nesta liña, Mosquera alertou do impacto da pandemia na vontade de financiar “proxectos maduros”, listos para ser licitados. Iso repercutiu no grao de execución do Orzamento e incrementou os remanentes. O vicepresidente dixo que, “aínda que non é nada grave, porque os investimentos acaban facéndose, creo que hai que seguir presionando por aí, aínda que sen asfixiar aos concellos”. Ademais, advertiu da posibilidade de que se volva limitar a utilización dos remanentes, “así que mellor que nos anticipemos para que non nos pille o problema”.

As transferencias aos concellos son o eixe característico na xestión do gasto público dende a Deputación de Pontevedra que volve ser a Administración que máis fondos entrega aos concellos. Alcanzouse o 35,34% sobre o Orzamento provincial total, o que supón un novo récord e un crecemento de 2,69 puntos con respecto ao ano anterior. Tras o pleno Carlos Font resumiu que “en definitiva, a Deputación afronta o futuro con garantías, con remanente de tesourería positivo, débeda case cero, e pagos a provedores en menos de 13 días; unha Administración solvente, comprometida, que dobra o nivel de transferencias da media estatal, que aposta pola autonomía local sen tutelas e que está totalmente envorcada en transformala provincia”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad