O acto celebrouse esta semana na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela coa presencia de Javier Guillén, Director de La Vuelta, Alfonso Rueda, Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Turismo, Óscar Pereiro e a alcaldesa de Mos.
A Comunidade de Montes de Tameiga presenta a proposta do Comité Consultivo de Monte Faquiña ao empresariado ubicado no polígono industrial Monte Faquina, propiedade da comunidade de montes. Na reunión constituínte celebrada onte na sede da Comunidade de Montes de Tameiga asistiron representantes da maioría das empresas convidadas empresas, tanto das PYMEs como das grandes empresas. Debido ao cumprimento dos protocolos COVID nesta primeira reunión só se convidou a metade das empresas instaladas no polígono Monte Faquiña. Nunha segunda rolda convidaráse ao resto máis aos organismos oficiais.
Substituiranse as lámpadas do alumeado público por leds nas Avenidas de Puxeiros e Sanguiñeda e nas Rúas Ludeiro e Brea. O proxecto, cun orzamento de 44.000 euros, está financiado ao 80% con fondos europeos.
O Concello mosense recibiu unha carta asinada polo alumnado convidándoo a participar e axudarlles nunha iniciativa que forma parte do programa da Unión Europea eTwinning.
O Concello de Mos dedicará varias subvencións de administracións supramunicipais, así como partidas de fondos propios, á contratación de persoal para diferentes departamentos municipais e así cubrir servizos municipais básicos.
Ao acto celebrado onte nos exteriores do Pazo de Mos acudiron representantes políticos para recoñecer a entrega total e absoluta das traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar, nestes tempos nos que son máis necesarias que nunca.
Algúns destes novos proxectos empresariais resultan de especial orixinalidade para o Concello, como unha perruería canina móbil ou unha clínica de acupuntura. Os novos emprendedores falan das dificultades e das oportunidades encontradas ao longo do camiño.
Os traballos empezaron a principios desta semana e a vindeira procederase ao asfaltado deste vial que dá servizo a un dos barrios máis poboados da parroquia de Tameiga.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies