Redacción 18/03/2021

Ao acto celebrado onte nos exteriores do Pazo de Mos acudiron representantes políticos para recoñecer a entrega total e absoluta das traballadoras do Servizo de Axuda ao Fogar, nestes tempos nos que son máis necesarias que nunca.

 

Onte celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos a homenaxe ás traballadoras do SAF organizada polo Concello de Mos con motivo do 8M, no que se contou coa asistencia da conselleira de Política Social, Fabiola García, en representación da Xunta. Ademais da conselleira estiveron presentes as 60 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, de Mos, representantes do Concello e traballadoras municipais da concellería de Política Social e Igualdade e do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos.

O acto, presentado pola actriz e presentadora, Cristina Maró, comezou cunha poesía a cargo da actriz, Paula Pier, veciña de Mos e mestra de teatro do Grupo de Teatro Mulleres en Igualdade do Concello de Mos. Seguida da intervención da representante do SAF, Chus Fernández Silva, e da intervención da representante do SAF, Natalia Fernández Fernández. A continuación chegou a entrega de detalles ás 60 mulleres traballadoras do SAF de Mos homenaxeadas. A homenaxe rematou cunha actuación musical da mosense da parroquia de Pereiras, Antía Caride. 

As representantes das homenaxeadas, Chus e Natalia, expresaron a ilusión tanto delas como do resto das súas compañeiras por este recoñecemento, que as representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, calificaron como “un recoñecemento sobradamente merecido pola enorme valía, profesionalidade, sensibilidade, entrega e implicación destas mulleres que son un orgullo para o noso Concello”. 

Este acto homenaxe ás traballadoras do SAF de Mos ten como obxectivo o agradecemento institucional polo seu gran labor durante esta crise sanitaria. O persoal do SAF é un dos colectivos mosenses máis imprescindibles durante esta crise sanitaria. Ademais de non ter interrompido a súa actividade laboral en ningún momento da pandemia, cubriron tamén desde abril de 2020 o SAF Temporal Extraordinario activado pola Xunta de Galicia e nunca deixaron de prestar servizo nos domicilios das 114 familias ás que atenden, aínda que neles existise algún positivo por COVID-19. O labor destas traballadoras é de vital importancia para garantir os coidados a moitas persoas con necesidade, incluídos maiores enfermos que viven sós. Ademais, sendo Mos un Concello substancialmente rural, resulta esencial que o servizo poida achegarse aos domicilios dos beneficiarios.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad