Este pasado 17 de Maio, Pauliña estreou o seu terceiro L. P., “Testemuñas”, fechando así unha etapa ateigada de cambios, gañas, emoción e moito traballo. No concerto deste sábado ás 20 h, Pauliña estará acompañada de High Paw, Nee Barros e Fosi.
Roi Rodríguez, Adrián Trillo, Alberto Trincado e Carolina Pereiro foron onte protagonistas da recepción municipal que se celebrou coincidindo coa V Xornada de Natación Máster que acolleu o Pavillón Óscar Pereiro.
Dentro do ciclo ‘Mos coa lectura’ de presentación de obras de autores locais, Cabaleiro presenta a sua obra “Clover”. Trátase dun libro infantil bilingüe galego-inglés, con ilustracións de Blanca Millán e editado por Aira.
Desde o pasado novembro realizáronse un total de 22 accións formativas presenciais que suman, segundo o Concello, 1.062 horas de duración no marco do Programa Integrado de Emprego. A formación online ascende a 2.270 horas. A “inserción laboral” que describe o Concello trátase, en moitos casos, das prácticas profesionais non laborais incluídas no propio plan formativo.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, na que se homenaxea a Xela Arias, impartíuse un obradoiro este vernes ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria da man do docente e escritor Miguel A. Alonso Diz.
O Concello móstrase satisfeito do acordo alcanzado coa teleoperadora, segundo o cal se realizará a “inmediata implantación en preto de 500 vivendas”, e esperanzado de poder desbloquear 900 máis na vindeira xuntanza.
Antón Gómez Reino, deputado galego no Congreso sinalou que levarán esta iniciariva ao “ao espazo institucional para garantir a seguridade viaria neste punto negro das nosas estradas”.
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Personalizar Cookies