Redacción 20/05/2021

Maimiñas organiza tres actuacións dirixidas ao público infantil e familiar, coa colaboración de Xoán Curiel e Animar-T.

 

Musicando no Cantoconto, organizado polas Maimiñas e Reviravolta Produccións, patrocinado polo Concello de Mos e a Xunta de Galicia, e coa colaboración da Fundación Pazo de Mos, celebrarase o domingo 30 de maio no Pazo de Mos. Contará coa actuación matutina, ás 12.30 horas, de As Maimiñas e, pola tarde, concerto de Xoan Curiel ás 19.00 horas e actuación do grupo Animar-T.

A asistencia como público é totalmente de balde pero require de inscrición previa para poder garantir todos os protocolos e medidas anti COVID-19. Os interesados en apuntarse poden facelo escribindo un correo electrónico ao enderezo as.maiminas@gmail.com no que indiquen nome, apelidos e número de teléfono móbil, así como o concerto e/ou concertos aos que se quere asistir e o número de asistentes. Para finalizar o procedemento os inscritos recibirán no seu correo electrónico a pertinente invitación para poder acceder ao evento.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad